Sabías que 2016
Aquí tedes unha pequena mostra de como foi o "Concurso Sabías Que" deste ano.
Picha en calquera delas para ver a galería enteira.
Salou 2015
Como xa ven sendo tradicional para despedir a ESO, os alumnos de cuarto fixeron unha viaxe a Salou e Barcelona. Deixámosvos unhas fotos que sacamos, pero tede seguro que os seus maiores recordos non están recollidos nelas. É máis, podemos afirmar que algún veu marcado (tamén fisicamente) polas "batallas" aló vividas.
Disfrutamos moito, de feito moitos querían prolongar a estancia unha semana máis. Pasounos como nas atraccións de PortAventura: estás esperando tanto para subir nelas que o tempo pasa que nin te enteras cando montas.
Son as fotos nas que estamos todo o grupo e unhas poucas das actividades náuticas que fixemos (ou intentámolo polo menos...) Iso si, non fomos quen de retratar a algún que tiveron que ir buscar porque case chega a Francia na táboa de windsurf. Para ver as fotos, pinchade aquí.
Aquapark Cerceda 2015
O xoves 18 de xuño, un día antes de rematar POR FIN!!!! este curso escolar, organizouse polas titorías a tradicional visita ó parque acuático de Cerceda onde disfrutamos dun día estupendo de sol, xogos e piscinas que nos relaxou moito tras nove duros meses de estudo (ou o que sexa...)
Podedes ver as fotos pinchando aquí
Podedes ver as fotos pinchando aquí
Picnic Club de Lectura
Este ano non tivemos excursión de fin de curso do Club de Lectura, ou polo menos non a tiveron todos, pero non faltou unha pequena festa de despedida que organizamos ben pertiño do instituto e que consisitiu nunha pequena comida ou picnic ó aire libre e que deu para moito máis que comer: rimos, xogamos ó fútbol, e por suposto lemos no medio da natureza como se facía antiguamente. Claro que nós somos moito máis modernos e aproveitamos para sacarnos unhas fotos e uns "selfies" (pau de selfie incluido) para inmortalizar o momento. Rematamos a tarde cun pequeno recital de poesía/contacontos feito case na intimidade da nosa biblio que nos gustou moito.
Podedes ver todas as fotos aquí
Podedes ver todas as fotos aquí
Etiquetas:
club de lectura,
ler na natureza,
picnic
Actuación Música 2015
O pasado 29 de maio celebrouse no Pazo da Cultura o tradiconal concerto de fin de curso organizado polo Departamento de música. Nesta ocasión, as profesoras Vanessa e Marián, atrevéronse cunha das grandes obras da ópera, A frauta Máxica de W.A. Mozart que foi levada á escea polos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO nunha adaptación made in "feita na casa".
O concerto rematou cun espectáculo total de percusión feito con obxectos cotiás como botellas de plástico, tuberías e contedores de lixo, que fixo as delicias do público asistente.
Podedes ver as fotos do evento pinchando en calquera das imaxes que tedes debaixo.
Etiquetas:
A frauta máxica,
ópera,
Pazo Cultura,
Teatro
Graduacións 2015
O pasado venres 22 tivo lugar a cerimonia de graduación da promoción de Bacharelato 2009-2015. Coma sempre foi un acto cheo de emocións, onde apareceron radiantes coas súa mellores galas. Deixámosvos cunha galería de fotos do evento para que lembredes o voso paso polo centro e para que nós non vos esquezamos nunca. Moita sorte a todos e os mellores desexos desde a biblioteca.
Pinchade na foto para que vos leve ó album de Picasa.
.
FOISE O ESCRITOR GÜNTER GRASS
Deixounos o escritor Günter Grass, considerado unha autoridade moral e política en Alemania polo seu compromiso tanto co pasado recente como coa actualidade do seu país.
Günter Grass é un escritor alemán galardoado co Premio Nobel e Premio Príncipe de Asturias. É o autor de obras moi destacadas como El tambor de hojalata, que foi levada ó cine, ou El rodaballo.
Günter Grass é un escritor alemán galardoado co Premio Nobel e Premio Príncipe de Asturias. É o autor de obras moi destacadas como El tambor de hojalata, que foi levada ó cine, ou El rodaballo.
Etiquetas:
escritor,
Gúnter Grass,
Homenaxe,
pasamento
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













