Reunión do Club de Lectura
Este xoves 20 de marzo imos ter unha reunión do noso Club de Lectura "Vixías das Letras". Non vos esquezades de vir.
Sabías que...? 2014
Un ano máis comeza a nova edición do concurso cultural máis famoso do mundo enteiro e arredores: O SABÍAS QUE..? Coma nas ultimas edicións desenvolverase durante unha fase clasificatoria de tres semanas e unha fase final presencial na biblioteca na que se producirán os enfrontamentos de semifinais e final.
Animádevos e apuntádevos. Tedes ata o luns 3/2/14 cando entregaremos os primeiros cuestionarios e as primeiras probas. Toda a información e o desenvolvemento do concurso, coma sempre no blog do mesmo: http://osabiasquedoparga.blogspot.com
Un concurso só apto para os máis audaces, senón, mirade o vídeo...

O xoves día 12 de decembro temos unha reunión do noso club de lectura Vixías das Letras. Non faltedes xa que temos novidades moi interesantes.
Resultados Torneo de Xadrez 2013
Rematou o torneo de xadrez deste ano cunha grande participación e asistencia de público. As emocionantes finais resolvéronse co triunfo de Miguel Castro en Bacharelato e Gonzalo Rodríguez na ESO.
Deixámosvos unhas fotos do torneo:
E un vídeo da emocionante final entre Gonzalo e Sergio que decidiu o gañador na ESO:
Deixámosvos unhas fotos do torneo:
E un vídeo da emocionante final entre Gonzalo e Sergio que decidiu o gañador na ESO:
Resultados M(a)icrorrelatos Terror 2013
Despois dunha máis que meritoria participación, incluindo a landras que xa non habitan entre nós pero que nos segen a ler e nos levan no corazón desde a lonxana Castela, xa temos o relato final do concurso de M(a)icrorrelatos de terror deste ano. Xa sabedes que este ano decidimos facer un relato grande en cadea coas aportacións dos participantes, e aínda que nalgúns casos a coherencia do mesmo se veu un pouco resentida (aínda que non tanto como a saúde da pobre Uxía, a protagonista, a quen mataron polo menos tres veces) o resultado quedou bastante aparente.
Como non tiñamos moi claro cal era o mellor para darlle o premio, decidimos sortealo, e o afortunado foi... FERNANDO SOUTO VARELA de 3º ESO C.
Tamén decidimos outorgar un premio ó fragmento máis orixinal que foi para MARIO LOUREIRO FACAL que fixo, coma sempre, gala da súa característica sorna.
Os demáis tamén levaron o seu premio por participar e nós tamén quedamos moi contentos de que estas iniciativas vos sigan animando a participar. A continuación tedes o relato no que cada participante está identificado cunha cor distinta, as cales podedes descifrar ó final do mesmo.

Etiquetas:
concurso,
gañadores,
microrrelatos,
Samaín
Orfos de Doris Lessing
Hoxe o mundo quedou un pouco máis desamparado porque onte produciuse o pasamento de Doris Lessing. A autora británica, galardoada co Premio Nobel de Literatura no ano 2007, de formación autodidacta, foi unha das escritoras máis comprometidas do seu tempo. Defensora dos dereitos das mulleres, a través das páxinas dos seus libros denunciou as desigualdades e inxustizas que protagonizaron a historia do século XX, as cales coñecía ben polos seus anos pasados en África. Entre a súa abundante obra literaria, destaca O caderno dourado ou a pentaloxía Fillos da violencia. Muller de firmes conviccións e forte carácter, chegou a rexeitar a medalla da Orde do Imperio Británico argumentando "¿Imperio? Pero se non existe ningún imperio..."
Doris_Lessing
View more presentations or Upload your own.
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013
Miguelanxo Prado é o primeiro galego en facerse co Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Cultura. O galardón outorgóuselle pola súa obra "Ardalén", que xa recibira o premio á mellor obra de autor español no Salón do Cómic de Barcelona.
Recomendámosvos a lectura desta magnífica obra de carácter poético, na que se mezclan soño e realidade, memoria e olvido. E na que destaca a delicadeza do seus debuxos e a mestría no uso da cor.
Pero tamén queremos recomerdarvos outras obras do autor que tedes dispoñibles na nosa biblioteca: "A mansión dos Pampín" que é unha visión humorística sobre a especulación inmobiliaria, "Trazo de tiza" que é a súa obra máis premiada ata o momento ou a película de animación "De Profundis" que el mesmo dirixiu, escribiu e debuxou, entre outras.
Etiquetas:
banda deseñada,
Miguelanxo Prado,
premios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)