O martes 13 de marzo estivemos moi teatreiros
Así foi. O martes 13 de marzo os IES de Carballo (Parga e Brañas) acudimos ás xornadas de teatro grecolatino en Lugo. E que ben o pasamos e canto aprendimos!!! Houbo de todo como en botica: Electra pola mañá e Aulularia pola tarde. Traxedia e comedia xuntas e revoltas, como na vida mesma. Deixamos algún documento gráfico bastante defectuoso; non axudaban as carencias tecnolóxicas nin os xogos de luces...
Moebius

Deixounos e foise a un dos seus mundos. Jean Giraud, alias Moebius, revolucionou o mundo das bandas deseñadas pero non só iso. Tamén foi unha mente inquieta que cambiou os parámetros cinematográficos de Ridley Scott ou George Lucas e influiu na estética de videoxogos e anuncios. A súa busca de novidades non cesou nunca e deu lugar a universos particulares e orixinais. Descanse en paz no medio dalgunha das súas creacións.
Lembrando as loitas de mulleres
No día internacional dedicado ás mulleres traballadoras non está de máis lembrar parte do camiño percorrido, que nos conduciu, con azares, fochas e moito tesón, ao hic et nunc (aquí e agora, ¿non si, latinistas?) no que nos atopamos, con bastante liberdade (sobre todo se comparamos co pasado) e moitos moldes e prexuízos por desmontar. Dese sendeiro quixera pararme en dous fitos que hoxe nos parecen case "prehistoria": o momento en que Clara Campoamor conseguíu o voto para todas as mulleres españolas alá por 1931 e o outro, unhas décadas antes, cando as loitas das sufraxistas británicas conseguiron o voto para as súas contemporáneas, en 1918.
De Clara Campoamor, déixovos o trailer da película que tedes á vosa disposición na biblioteca. E das sufraxistas inglesas un enlace cun reportaxe da tele sobre elas. Para que nunca esquezamos que o que temos non caeu chovido do ceo, para que non cesemos de loitar por un mundo de iguais no que ningún corsé nos aprisione a mulleres nin tampouco a homes.
Etiquetas:
Clara Campoamor,
día internacional,
mulleres,
sufraxismo
Librarías fermosísimas
Somos amantes dos libros e do seu mundo e por iso quedamos encantados coa noticia e as fotos que publica El País acerca das librerías máis belas. Deixámosvos co enlace correspondente e coa foto da nosa favorita: A libraría Lello e irmao, en Oporto (aquí o lado).
Microrrelato

Levabamos bastante tempo sen publicar ningún conto breve. Aquí vai un:
"Dúas persoas esperan na rúa un acontecemento e a aparición dos principais actores. O acontecemento xa está ocurrindo e eles son os actores".
Nathaniel Hawthorne
Notebooks (1868)
Recordade que na parte esquerda do blog temos un scoop.it de microrrelatos
Reunión do Club de Lectura xoves 8 marzo
Para que non se lle pase por alto a ninguén, vamos avisando con antelación. Esperamos ver a todos os vixías das letras o vindeiro xoves 8 de marzo na hora do recreo (11.30). Temos algunha sorpresiña para vós.
Final do Concurso Sabías Que
Despois das emocionantes semifinais do "Sabías Que" que se celebraron o mércores e o xoves, o venres 17 de febreiro tivemos as finais para as dúas categorías participantes no concurso. Como era de esperar estiveron moi reñidas e tanto os semifinalistas como os finalistas non defraudaron. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes e moitas grazas ó público participante co que disfrutamos moito, mágoa que a final dos Beibi Boom se alongara un pouquiño e coincidise co festival de Entroido. Aquí tedes algúns divertidos e emocionantes momentos desas finais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














