"No me siento menos gallego por no hablar gallego. Hablando castellano soy tan gallego como cualquiera que hable gallego" . Estás de acordo? Non o estás? Velaquí a nova cuestión sobre a que facemos enquisa desde o Equipo de Dinamización Lingüística. Nesta ocasión non cho poñemos doado. En calquera caso, pararnos a pensalo un pouco non é cuestión banal, nin nos vai vir mal (ui, perdón polo pareado).
Quereríamos coñecer o teu parecer. Podes amosalo depositando o teu voto na urna da biblioteca como a vez anterior. Tamén podes espraiarte máis contándonos por que falas galego.
Por certo, no taboleiro de Dinamización Lingüística (camiño da cafetería, de fronte á dereita), tedes recollidos os resultados da primera enquisa, con voto maioritario contrario á idea de que "non falo galego porque é de aldea".
Agradecemos a vosa participación e agardamos seguir contando cos vosos sufraxios.
Campionato de xadrez (On-Line)
Esta semana comeza o campionato de xadrez que tradicionalmente organizan o Departamento de Matemáticas e o de Filosofía coa colaboración da Biblioteca. Coma todos os anos, desenvolveráse no recreo e a duración das partidas será de 10 minutos.
Pero este ano introducimos unha novidade: O TORNEO DE CAMPIÓNS ON-LINE. Aquí no blog poñeremos durante estes días catro problemas de xadrez, o primeiro que resolva cada problema quedará clasificado para as semifinais, das que sairán os dous finalistas e de ahí o campión desta nova modalidade. Así que xa o sabedes, anímate con estes problemas de xadrez, se eres o primeiro en resolver un dos catro, quedarás directamente clasificado.
MOI IMPORTANTE: Para enviarnos a túa solución, non o fagas mediante un comentario a esta entrada, senón cubrindo o formulario de contacto ó que podes acceder pinchando aquí.
Aí vai o primeiro problema:

XOGAN BRANCAS E DAN MATE EN DÚAS XOGADAS
Mochilas viaxeiras
Esta semana comezaron a súa andaina, coma todos os anos, as mochilas viaxeiras. Durante 15 días irán alternando de compañeiros de viaxe, que non serán outros que os alumnos de 1º de E.S.O. Pero non só serán elas as que viaxen, senón que quen leve a mochila terá o privilexio de visitar os marabillosos lugares ós que só se pode chegar de mans da fantasía, gracias á maxia dos libros, do cine e dos cómics. Unha viaxe que ningún de vós debería perderse.
Así que xa o sabes, visita a nosa biblioteca, alí de seguro que te está a esperar un libro, un cómic o unha película... Prepara a túa propia mochila e disfruta dunha viaxe inesquecible... e sen moverte da casa.

Reunión club de lectura
O vindeiro luns 7 de novembro haberá unha reunión con todos os participantes no club de lectura "Vixías das letras" no recreo das 11.30. Non faltedes! Xa temos exemplares da nosa primeira novela preparadiños e a punto para ser degustados por vós...
Recordade que o prazo para entregar os relatos de terror está a piques de rematar!
Recordade que o prazo para entregar os relatos de terror está a piques de rematar!
Castro de Borneiro, esteiro do Anllóns, Forno do Forte
Estes son os lugares que foron visitar os alumnos de 3ºacompañados de profesores de varios departamentos o venres pasado. Vimos o marabilloso castro de Borneiro e mergullámonos na antiga cultura galaico-romana; quedamos pasmados coa magnífica paisaxe do esteiro do Anllóns desde o monte Branco; lemos os poemas de Pondal que o celebran:
Monte Branco, monte Branco
Cando te vexo de lonxe
verto a soas triste pranto
Pois as nosas alegrías
ós dous nos foron fallando
a tí das túas areas
os ventos te despoxaron
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados
¡ Ti negreas ¡eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos ¡
E mesmo algún (algunha) de nós fixo os seus pinitos alfareiros. Todo saiu a pedir de boca.
Se queredes ver as nosas testemuñas gráficas, tédelas abaixo no álbum Picasa.
"Eu non falo galego porque é de aldea"
... Iso din algúns. Outros, outras, din en cambio: "eu falo galego porque é de aldea, vila e cidade".
O Equipo de Dinamización Lingüística do noso insti, en colaboración coa biblioteca, inicia con esta unha serie de enquisas relacionadas con tópicos sobre a nosa lingua, moi asentados e a miúdo mentireiros.
Queremos coñecer a túa opinión. Por iso, QUEREMOS O TEU VOTO.
Participa e deixa o teu voto na urna que está na biblioteca xunto coas papeletas.

Ti a que lle tes medo?
O Samaín está a piques de chegar e con el todos os espectros e seres do máis alá que nos visitan todos os anos por estas datas. E aproveintando a circunstancia, bibliotecalandra convoca unha nova edición do concurso de microrrelatos de terror máis famoso do mundo enteiro.
Nesta ocasión non che imos dar o comezo do relato para que ti o continúes, senón que che propoñemos unhas imaxes que nos dan moito medo para que che sirvan de inspiración. Escolle unha das fotos da galería de abaixo e escribe o teu microrrelato de terror inspirándote no que ela che suxira. E aterrorízanos a todos!!! Iso si, non podes pasarte das 200 palabras.

Podes facernos chegar o teu microrrelato escribíndoo no formulario que tes aquí, Enviándoo por correo electrónico a bibliotecalandra@gmail.com ou entregándoo en man na Biblioteca. Non esquezas poñer o teu nome e apelido e grupo.
Recomendámosche que lle botes unha ollada a este breve manual que che axudará escribir un bo microrrelato.
HAI UN MAGNÍFICO MP4 para o gañador

Suscribirse a:
Entradas (Atom)