Aquí vos deixamos este documento por se queredes botar unha ollada ós libros que vos recomendamos desde a Biblioteca para regalar, pedir ós Reis ou ler neste Nadal.
Conferencia Juan Manuel Gisbert
O pasado xoves recibimos a esperada visita de Juan Manuel Gisbert que veu para falarlle ós alumnos de 2º de E.S.O. do seu libro El arquitecto y el emperador de Arabia, que estes tiñan como lectura este trimestre. A verdade é que o agardabamos con expectación, xa que as referencias que tiñamos del eran inmellorables, e incluso algúns que xa asistiramos a algunha charla súa as podíamos confirmar. Como era de esperar, despois da traballada presentación do noso director, Carlos Fernández, falounos da súa obra... pero aí quedou todo, polo que creo que non me equivoco se falo por todos cando digo que esperabamos bastante máis. Nin sequera a intervención dunha compañeira vosa, preguntándolle se o que levaba na man era unha variña máxica o animou a deleitairnos cun deses xogos de ilusionismo ós que é tan afeccionado. Amosounos en detalle a interpretación que el fai da súa propia novela, pero lamentablemente a ilusión quedou para outra ocasión. Pois iso, que outra vez será.




E ti como les?
Cada un temos un sitio preferido e algunha manía á hora de ler: hai quen le boca abaixo, outros facéndose rizos no pelo e os menos sentados tranquilamente nunha cadeira. Desde a biblio queremos que compartades as vosas maneiras de ler polo que fixemos unha pequena exposición onde varios profes posan e falan de como é o seu xeito preferido de ler.
Tamén fixemos un concurso destinado a vós: deberedes descubrir quen é o lector que aparece en cada unha das posturas. Hai un boletín co que podedes participar e que se pode recoller na Biblio ou descargalo aquí.
O que máis acertos teña, levará un premio. Animádevos a participar.
Día dos Dereitos Humanos
Desde hai xa máis de 60 anos, celébrase o dez de decembro o día internacional dos Dereitos Humanos, para lembrarnos que todas as persoas somos dignas de respecto, sen ter en conta a cor da pel, a situación económica, o sexo, a idade ou o lugar onde teñamos nacido. Así nolo di a ONG Amnistía Internacional na súa campaña deste ano:
Para que profundicedes un pouquiño máis nos Dereitos Humanos, indicámosvos tamén algúns enlaces con informacións sobre os 30 dereitos humanos que foron proclamados por Nacións Unidas en 1948: Amnistía Internacional, Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso), Seminario Galego pola paz (SGEP), humor gráfico en torno aos Dereitos Humanos... E, por suposto, wikipedia, galipedia, etc.
Unha novidade máis
Se queredes ler un libro "gordo y apasionante" segundo as palabras de Maruja Torres; un libro para os que aman os cans e intentan comunicarse con eles, un libro que namorou a moitos americanos e que vai dun neno mudo e unha cadela (entre outras cousas), xa podedes lelo porque o compramos para a biblioteca.Tédelo fresquiño, esperando por vós...

Deixámosvos un enlace coas palabras de M. Torres con máis información.

Deixámosvos un enlace coas palabras de M. Torres con máis información.
Novidades decembro

Neste mes seguimos comprando pelis e libros que nos pedides ou nos parecen interesantes para vós:
- La liga de los hombres extraordinarios
- King Kong (non vos asustedes:non é a vella)
- CASANDRA CLARE Cazadores de sombra: los orígenes
- MENDOZA,E.Riña de gatos
- LOVECRAFT En la cripta
Sen esquecer a música:
- POLICE Greatest Hits
- ROLLING STONES Hot Rocks 64-71
- TOM WAITS Rain dogs;deixamos colgado este vídeo para que vexades de que vai
Actividade para o 22 de decembro
O último día de clase antes do Nadal (bendito sexa o día 22, coa súa lotería e as súas vacacións) proxectaremos na biblioteca unha película. Temos dúas opcións:
- Sherlock Holmes (a nova, de Guy Ritchie: peli de intriga e acción)
- Full Monty (comedia de costumes que nos parece simpática)
Pedimos a vosa participación votando a que máis vos apeteza ver: pinchade en comentarios e pedide o que máis vos guste.Outra posibilidade é abrir a pestana de "contacto" e insertar a vosa suxestión. Esperámosvos.
- Sherlock Holmes (a nova, de Guy Ritchie: peli de intriga e acción)
- Full Monty (comedia de costumes que nos parece simpática)
Pedimos a vosa participación votando a que máis vos apeteza ver: pinchade en comentarios e pedide o que máis vos guste.Outra posibilidade é abrir a pestana de "contacto" e insertar a vosa suxestión. Esperámosvos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










