ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Aviso aos vixías das letras: novo libro do club de lectura

Atención,grumetes: emprenderemos unha nova viaxe polas nebulosas rúas londinenses. Pese a escasa visibilidade, atísbase no horizonte o número 221 de Baker Street.
Xa temos na Biblioteca varios exemplares das aventuras de Sherlock Holmes; achegádevos e collede un. Prometemos resolucións maxistrais de intrigas, roubos, asasinatos...e todo isto antes da existencia do CSI
O libro é:
Sherlock Holmes Las aventuras imprescindibles

Realizaremos unha xuntanza do club de lectura o martes 2 de febreiro ás 11.30 na Biblio para iniciar as investigacións...

Campionato de Xadrez

O lúns da próxima semana comeza o período de inscrición para o campionato de xadrez. Podedes pasar pola biblioteca nos recreos para apuntarvos.

Xa imos pola terceira convocatoria e esperamos que esta vos guste tanto como as anteriores. Estade pendentes do blog porque vos poñeremos algunhas xogadas para que vaiades praticando.

Premio concurso un profe, un libro

Aquí tedes a nosa gañadora (a mellor fisonomista do IES) do concurso de Nadal. Observade a súa cara de sorpresa e felicidade na entrega do premio. Felicidades, Yésica, que o disfrutes!
Desde o blog queremos agradecer a inestimable colaboración como eximio e valioso fotógrafo do acontecemento de Yoel, o cal vai superando con éxito o seu problema co Parkinson cada vez que colle unha cámara na man...

Novidades na biblioteca

Para os que xa esgotastes todas as pelis da Biblio, lestes todos os libros dos estantes e xa sabedes de memoria os comics, aquí vos traemos as primeiras novidades do ano para que vaiades superando o "mono". Se queredes saber máis, pinchade nos títulos que seguen


PAUL AUSTER Invisible
ED YOUNG Siete ratones ciegos
La hormigopedia del hormiguero
Saw II
Pequeña miss Sunshine


O perigo dos libros

Atención ao consumidor: ler pode prexudicar a inanición mental. Neste impresionante documento audiovisual do "pograma" Collejeros podemos ver os perniciosos efectos que a lectura está a producir na saúde mental dos nosos mozos. Así que xa sabedes, se ledes, pensádeo ben e sobre todo, non conduzades.



Manuel Rivas Nomeado Novo Membro da Real Academia Galega

O escritor Manuel Rivas ven de ser nomeado novo membro da Real Academia Galega.


Rivas, naceu en A Coruña en 1957, é licenciado en ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid e ten traballado como colaborador para diferentes medios.

Como escritor, ten sido galardonado cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, co Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou co Premio da Crítica Española en 1998.

Na nosa "biblio" podes encontrar diversos libros del, entre eles: "Os libros arden mal", "O lapis do carpinteiro" ou a obra poética "La desaparición de la nieve".

Un profe, un libro

Aínda que vos pareza mentira, os vosos profes tamén foron nenos algunha vez, e antes de que o tempo os estropeara ata o punto do que hoxe parecen, leron libros que os marcaron dalgún xeito. Desde a biblio queremos animarvos a compartir aquelas experiencias que vivimos cando eramos nenos nas páxinas deses libros, e fixemos unha pequena exposición onde cada un de nós falou do "libro da miña vida" acompañados dunha foto de pequenos.

E tamén fixemos un pequeno concurso destinado a vós: trátase de que asociedes cada foto e cada libro co nome do lector do mesmo. Hai un boletín co que podedes participar que se pode recoller na Biblio ou descargálo de aquí. O que máis acertos teña, levará un premio:

http://www.scribd.com/doc/24073749

E xa sabedes, se algún día queredes chegar a ser coma os vosos profes...ou non!!! Animádevos e probade con algunhas das lecturas que vos suxiren. Como vedes, algunhas son inesquecibles.


ir arriba