Queremos facer desde aquí un pequeno homenaxe aos mitos e lendas que conformaron a nosa cultura durante moitos séculos e que seguen sendo parte fascinante do noso mundo a pesar dos novos e inconsistentes ventos que sopran. Deixamos aquí un enlace cun programa emitido en RTVE. Prosit!!!
16oct2012
15oct2012
Homenaxe a Little Nemo
Non vos perdades a páxina inicial de hoxe en Google homenaxeando a Little Nemo, o primeiro gran clásico da historia do cómic obra de Winsor McCay. E se tedes a oportunidade, achegádevos ás súas obras...
12oct2012
Mirando a China…
O prestixioso premio Nobel de Literatura este ano foi a
parar a Mo Yan, un dos escritores máis lidos no seu país e prácticamente un
descoñecido para nós. O xurado elexiuno por ser
capaz de unir «cun realismo alucinatorio lendas
populares, a historia e o contemporáneo».
Ten moitas obras publicadas
en China e só catro delas foron traducidas ó español (ó galego ningunha); sen
embargo hai un libro que sí coñecemos pola adaptación cinematográfica que Zhan
Yimou fixo dela (Sorgo rojo). Esta é
unha boa ocasión para achegarnos ó mundo de Mo Yan e ler as pezas traducidas: Las baladas del ajo , La vida y la muerte me están desgastando, Grandes pechos, amplias caderas…
Un detalle: “Mo Yan” quere
dicir en chinés “non fales”; foi escollido polo autor como alusión á censura do
seu país.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)