ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
28feb2011

Ardora


Ardora: "fosforescencia do mar que en ocasións indica a presencia dun banco de peixes; ardentía, ardor". Esta é a definición do Gran dicionario xerais da lingua. Tamén é un práctico programa co que se poden facer actividades vistosas (non tanto coma o brillo dos peixes no mar); algunhas destas actividades pódense utilizar nas clases pero tamén podedes acceder a elas na casa picando co rato na pestana superior do blog. Que vos divirtades!

Quedades cun anaco dun poema de Paz-Andrade:
"...escola de arriscada patronía
onde a xente de Bouzas deprendeu
o alfabeto dos ventos e das calmas,
do arroás, das aves e da ardora,
cartilla elemental do mar maior..."

A DERRADEIRA

23feb2011

Hoxe é 23 de febreiro

Hoxe é o trixésimo aniversario do intento de golpe de Estado; claro está que vós non o vivistes, pero si os vosos pais, avós e moitos dos profesores que tedes. Tamén o estudastes nas clases de Historia e os alumnos de Bacharelato vistes este ano os sinais dos balazos no Congreso dos Deputados de Madrid.Menos mal que estaba fatal organizado e que foron moi chapuceiros... Para que profundicedes nel, nas súas causas e nas súas consecuencias, na biblioteca temos o libro de Javier Cercas Anatomía de un instante. Unha magnífica análise da xestación do proceso e sobre todo, unha magnífica análise da figura poliédrica de Adolfo Suárez.

20feb2011
Parabens, Miguel (e Fernando). Vexo que aproveitades ben o tempo do recreo.

Sabedes cántas partidas distintas poden xogarse no xogo do xadrez? a cifra é un 1 seguido de 123 ceros!!!, un número superior ao número de átomos no universo coñecido... pero non vos asustedes, nós só os pedimos que pensedes dous movementos:


Tercer problema. Xogan blancas e dan mate en dúas.
16feb2011

Máis novidades

.

Seguimos aumentando o noso "corpus" da biblioteca. Para que saibades das novas adquisicións aquí van os títulos dos libros:
- La tumba de Alejandro, novela histórica de Valerio Massimo Manfredi
- 1Q84, de Murakami
- Sueñan los androides con ovejas eléctricas? de Philip K. Dick; para os amantes da ciencia ficción
- Bienvenido al campamento culebra ;unha aventura de Horrorland
- Los idus de marzo de Thornton Wilder
- Marmalade Boy para os entusiastas do manga
- El mercader de Venecia de Shakespeare
- Las alegres casadas de Windsor tamén de Shakespeare
- Ricardo III idem
- Mucho ruido y pocas nueces idem
- Tragedias por se nos quedaba algunha obra mestra do mesmo autor sen adquirir.
E tamén unha película que fomos ver o ano anterior co club de lectura e que nos pedistes para volvela ver: Alicia en el país de las maravillas de Tim Burton.
Como vedes, hai de todo como en botica.
13feb2011

Segundo problema


Xogan blancas e dan mate en dúas xogadas. Ánimo, a ver se vai sen pistas!

Solución ao primeiro problema.












Anónimo, a indicación que che fai Yoel vai ben encamiñada. Yoel, gracias por axudar a Anónimo, pero se non das a xogada non te levas o tanto. O alfil pode sair da súa posición, pero ten que ir á d6, para que a torre non estorbe para dar mate en f4. Polo tanto: 1.Ad6 Txg7 2.Af4++

San Valentín

Moitos de nós pensamos que iso do amor é unha enerxia químicamente misteriosa e pouco predecible que forma parellas extrañas, estrambóticas e ás veces moi divertidas. Por iso gustounos a actividade do IES Poeta Añón de "cada ovella coa súa parella"; se queredes botarlle un vistazo, aquí tedes o enlace. Feliz día dos namorados a todos e non esquezades pasar pola biblio para ver os libros, a música e as pelis relativas ao tema(que son case todos)!

08feb2011

SABEDES XOGAR OU QUE?















Problema número 1.


Os que aspiredes ao premio especial Joel, aquí podedes comezar a demostrar se o merecedes. Xogan blancas e dan mate en dúas. Tedes un par de días para que non vos estresedes. Aproveitando a ocasión aquí tedes as regras do torneo, que son as mesmas que as do curso pasado, e o anterior, e o outro... é que xa temos historia!


1.- regras para partidas rápidas:
Tempo: 10 minutos
Gana o xogador que da xaque mate ao seu contrincante.
Se rematara o tempo dun xogador, antes de que haxa xaque mate, perde o xogador que esgotou o tempo, independentemente das pezas con que conte cada xogador.
A partida remata en tablas (empate), se:
a) un dos xogadores da xaque continuo ao seu contrincante.
b) so quedan os reis no taboeiro.
c) cando o xogador que debe mover, non pode facer ningunha xogada e o seu rei non esta en xaque. (rei afogado).
d) cando non hai pezas dabondo para que se poda dar xaque mate.(un so cabalo, un so bispo, torre e rei contra torre e rei, dama e rei contra dama e rei).

2.- hai dúas categorías: unha da eso, e outra de bacharelato. O torneo realízase en ámbolos dous recreos.

3.- todos os participantes que non falten ás súas partidas, terán un agasallo ao remate do torneo.

4.- haberá un ganador da eso e máis outro de bacharelato. Ambos levan premio aínda que, para rematar o torneo, enfretaránse na máis emocionante de todas as partidas.

Sorte a todos e todas!

Homenaxe a Jules Verne

.



Hoxe celébrase o aniversario do nacemento de Jules Verne, o autor que fixo as ledicias de tantas e tantas xeracións de adultos soñadores. Google faille o seu homenaxe particular e nós non imos ser menos, tendo en conta que é un dos nosos autores do Club de Lectura e un dos nosos personaxes favoritos.
Aquí queda un audio de Juan Antonio Cebrián, non volo perdades.






Ir a descargar
06feb2011

TORNEO DE XADREZ 2010 - 2011

Conta unha lenda sobre a orixe do xadrez que o brahmán hindú Lahur Sessa, escoitou que o Rei Iadava estaba triste pola morte do seu fillo e foi ofrecerlle o xogo do xadrez como pasatempo para olvidar as súas penas; o rei quedou tan satisfeito co xogo, que quiso agradecer ao xoven dándolle o que este lle pedira.
Para sorpresa de todos, Sessa non pedíu ouro, nin palacios, nin riquezas: o único que pedíu foi… trigo! Pedíu ao rei que lle puxera un grao de trigo na primeira casilla do taboeiro de xadrez, dous na segunda, catro na terceira, oito na seguinte, e así sucesivamente ata chegar á última casilla do taboeiro. O rei Iadava accedeu a esta petición, que semellaba bastante humilde, mais cando fixo os cálculos deuse de conta de que a petición era imposible de cumplir… Cantos graos de trigo tería que dar o rei ao sabio?
18.446.744.073.709.551.615 graos de trigo! O que é o mesmo, máis ou menos 276.600 millóns de toneladas: faría falla a colleita mundial de máis de 453 anos para pagar só pola última casilla…
O xadrez é un xogo cheo de sorpresas, non sí?
Pero deixemos o pasado e centrémonos na trepidante actualidade: xa temos aquí a convocatoria deste ano do torneo de xadrez.
Tes todo o mes de Febreiro para apuntarte e máis para prepararte, porque este curso o torneo será no mes de Marzo. Por se non o lembras, trátase de partidas rápidas de 10 minutos, case como as deste video.

As bases do torneo están na biblioteca. Infórmate alí.

04feb2011

Club de lectura: Tuneladoras

Xa temos vinte tuneladoras!!!!!!!!!!! Por poder, podemos perforar Carballo e os seus arredores: Coruña, Santiago... Achegádevos á biblioteca e levade un exemplar do libro de Fernando Lalana para ir lendo e poder preguntarlle todo o que queirades cando nos visite en marzo.
Estade atentos porque (se non se torcen as cousas) haberá unha reunión dos grumetes o vindeiro venres 11 no recreo.

Case, case, case...

Case conseguides chegar á fase finalísima do concurso Odisea 2011. Non puido ser: os astros non estaban conxuntados para a vosa victoria, e ahí estaba cheo de malicia o "drama satírico" que non atopastes. Pero loitastes como leóns ata o final, sen escoitar os cantos de sirena do servidor informático que vos incitaban a deixalo todo. Felicidades, rapaces: fostes duros de pelar e elegantísimos mesmo na derrota.


ir arriba