ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Homenaxe a Miguel Hernández

Durante todo este ano que hoxe remata celebrouse o centenario do nacemento do poeta oriolano Miguel Hernández, que morreu na cadea vítima da represión trala Guerra Civil con tan só 31 anos. Malia falecer tan novo, deixou escrita unha obra poética dunha excepcional calidade que o sitúan coma un dos cumios da Literatura Española de todos os tempos. Como durante todo este ano ó que xa lle quedan unhas poucas horas se sucederon as homenaxes na súa honra, nós tamén quixemos sumarnos a eles, e probablemente sexamos os últimos en facelo público (Xa sabedes que, coma en case todo, o máis interesante se deixa para o final).




Recomendacións de lectoras

Como xa sabemos que o tempo das vacacións de Nadal se vos vai facer interminable e que xa estades desexando voltar, antes de marchar e despedir o ano, queremos deixarvos con unhas recomendacións de lectura que nos deixaron dúas das máis asiduas visitantes da Biblioteca, para que así se vos pase antes o tempo e aliviedes o sufrimento que vos produce a ausencia do Instituto. Aquí vos deixamos os comentarios que elaboraron elas mesmas sobre as obras que vos recomendan para este Nadal:

Beatriz Pena

A tres metros sobre el cielo
Federico Moccia
Editorial planeta

ARGUMENTO

La acción trascurre en Roma, Babi es la típica chica perfecta, educada y buena estudiante. Step, en cambio, es un chico problemático y descarado. Step sigue en su moto al mercedes del padre de Babi cuando este lleva al colegio a Babi y a su hermana. Step se enamora a primera vista de ella, mientras Babi se muestra fría y cortante con él. El destino hará que se encuentren varias veces para desgracia de Babi y diversión de Step. Cuando se conocen su vida da un giro que ninguno de los dos esperaba, pues a pesar de pertenecer a mundos distintos tienen algo en común: el amor que les une y les hará cambiar: ellas más salvajes y desobedientes; ellos más tiernos.

Recomiendo este libro porque engancha desde la primera hoja y aunque no lo parezca, no es solo una típica historia de amor para adolescentes de un chico fuerte y una chica con muchos principios, de una clase social alta y de otra que no quiere adaptarse. Además es la historia del primer amor, ese que nadie quiere olvi
dar.

E para que conste que o libro engancha de verdade, non hai máis que ver a foto da propia Bea que non deixa ó autor, Federico Moccia, nin cando está cos auriculares postos:

A outra recomendación chega de mans de


Alba Cameán


Perdona si te llamo amor


Autor: Federico Moccia

Pequeno comentario: (opinión dunha lectora)

-Esa sensación que te deja el acabar una novela, la satisfacción, el buen sabor de boca. La mezcla entre las ganas de más y la felicidad de acabarla, de haber llegado a la última página por fin, que de eso también tenía ganas. Sobre todo cuando se trata de una novela que he empezado na más y na menos que 5 veces. Que me la compré para el vuelo a Miami (en marzo) y me la he acabado en agosto, hace tan sólo un par de días.

Y la he disfrutado. Enganchada. A cualquier hora, en cualquier lugar, y acompañada de un lápiz en la mano. (Para subrayar cosas que me tocaban el corazón o el pensamiento). Entiendo yo ahora lo del fenómeno Moccia, aunque me dejaré sus otras novelas para dentro de un tiempo. Las pongo a la cola, detrás de un montón más.

A Iker Casillas se le vio leyendo este libro en sus vacaciones. Ay, Sarita, como tome nota tu novio, qué bien te lo vas a pasar! Si es que… Leyendo Perdona si te llamo amor se me han ocurrido ideas divertidas, amorosas, romanticonas, erótico-festivas… para un futuro o, qué pijo, para ya mismo. Sin esperar. Sin esperar a que la vida me pase por delante. Por si acaso no pasa.

Entonces… ¡idea! Le he mandado un sms atrevido. Y si no le gusta, o no hace nada al respecto, él se lo pierde. Y que me quiten lo enviado.

Pois iso, parece que Federico Moccia "estáo petando". Xa sabedes que temos os seus libros na Biblio... pero teredes que esperar a Nadal para levalos... ou pedirllos a Papá Noel. Que os disfrutedes.

Suxestións da Biblioteca para este Nadal

Aquí vos deixamos este documento por se queredes botar unha ollada ós libros que vos recomendamos desde a Biblioteca para regalar, pedir ós Reis ou ler neste Nadal.
Boas Festas para todos!!

Conferencia Juan Manuel Gisbert

O pasado xoves recibimos a esperada visita de Juan Manuel Gisbert que veu para falarlle ós alumnos de 2º de E.S.O. do seu libro El arquitecto y el emperador de Arabia, que estes tiñan como lectura este trimestre. A verdade é que o agardabamos con expectación, xa que as referencias que tiñamos del eran inmellorables, e incluso algúns que xa asistiramos a algunha charla súa as podíamos confirmar. Como era de esperar, despois da traballada presentación do noso director, Carlos Fernández, falounos da súa obra... pero aí quedou todo, polo que creo que non me equivoco se falo por todos cando digo que esperabamos bastante máis. Nin sequera a intervención dunha compañeira vosa, preguntándolle se o que levaba na man era unha variña máxica o animou a deleitairnos cun deses xogos de ilusionismo ós que é tan afeccionado. Amosounos en detalle a interpretación que el fai da súa propia novela, pero lamentablemente a ilusión quedou para outra ocasión. Pois iso, que outra vez será.






E ti como les?


Cada un temos un sitio preferido e algunha manía á hora de ler: hai quen le boca abaixo, outros facéndose rizos no pelo e os menos sentados tranquilamente nunha cadeira. Desde a biblio queremos que compartades as vosas maneiras de ler polo que fixemos unha pequena exposición onde varios profes posan e falan de como é o seu xeito preferido de ler.


Tamén fixemos un concurso destinado a vós: deberedes descubrir quen é o lector que aparece en cada unha das posturas. Hai un boletín co que podedes participar e que se pode recoller na Biblio ou descargalo aquí. 


O que máis acertos teña, levará un premio. Animádevos a participar.

Día dos Dereitos Humanos


Desde hai xa máis de 60 anos, celébrase o dez de decembro o día internacional dos Dereitos Humanos, para lembrarnos que todas as persoas somos dignas de respecto, sen ter en conta a cor da pel, a situación económica, o sexo, a idade ou o lugar onde teñamos nacido. Así nolo di a ONG Amnistía Internacional na súa campaña deste ano:



Para que profundicedes un pouquiño máis nos Dereitos Humanos, indicámosvos tamén algúns enlaces con informacións sobre os 30 dereitos humanos que foron proclamados por Nacións Unidas en 1948: Amnistía Internacional, Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso), Seminario Galego pola paz (SGEP), humor gráfico en torno aos Dereitos Humanos... E, por suposto, wikipedia, galipedia, etc.

Unha novidade máis

Se queredes ler un libro "gordo y apasionante" segundo as palabras de Maruja Torres; un libro para os que aman os cans e intentan comunicarse con eles, un libro que namorou a moitos americanos e que vai dun neno mudo e unha cadela (entre outras cousas), xa podedes lelo porque o compramos para a biblioteca.Tédelo fresquiño, esperando por vós...



Deixámosvos un enlace coas palabras de M. Torres con máis información.

Novidades decembro


Neste mes seguimos comprando pelis e libros que nos pedides ou nos parecen interesantes para vós:
- La liga de los hombres extraordinarios
- King Kong (non vos asustedes:non é a vella)
- CASANDRA CLARE Cazadores de sombra: los orígenes
- MENDOZA,E.Riña de gatos
- LOVECRAFT En la cripta
Sen esquecer a música:
- POLICE Greatest Hits
- ROLLING STONES Hot Rocks 64-71
- TOM WAITS Rain dogs;deixamos colgado este vídeo para que vexades de que vai

Actividade para o 22 de decembro

O último día de clase antes do Nadal (bendito sexa o día 22, coa súa lotería e as súas vacacións) proxectaremos na biblioteca unha película. Temos dúas opcións:
- Sherlock Holmes (a nova, de Guy Ritchie: peli de intriga e acción)
- Full Monty (comedia de costumes que nos parece simpática)
Pedimos a vosa participación votando a que máis vos apeteza ver: pinchade en comentarios e pedide o que máis vos guste.Outra posibilidade é abrir a pestana de "contacto" e insertar a vosa suxestión. Esperámosvos.

MICRORRELATO DE TERROR GAÑADOR E FINALISTAS

E... por fin vos deixamos este libriño cos relatos da gañadora e dos finalistas do concurso de Microrrelatos de terror. Esperamos que vos guste.

 





Reunión do club de lectura

O vindeiro luns 29 de novembro teremos a próxima reunión do club de lectura ás 11.30, no recreo da ESO. Falaremos dos libros e da charla de Fran Castro e outras cousas que xurdan...

Día da tolerancia

O Día Internacional para a tolerancia celébrase todos os anos o 16 de novembro (esta vez cae en martes, pois). A tolerancia na súa forma máis simple e básica consiste en recoñecer aos demais o dereito a que se respecte a súa persoa e identidade.
Aquí, no insti, rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO realizaron varias presentacións na clase de Atención educativa, nas que tratan de dar contido á tolerancia (ou respecto, para entendernos mellor). Imos ter ocasión de velas na biblio o martes ao longo dos dous recreos. Non esquezades a cita.

Samaín 2010

Pinchade nesta foto se queredes ver a Biblioteca decorada no Samaín deste ano.

El arquitecto y el emperador de Arabia

Informámosvos que xa nos chegaron os exemplares para préstamo do libro que tedes como lectura este trimestre en 2º de ESO El arquitecto y el emperador de Arabia de Joan Manuel Gisbert



Tamén vos damos a primicia de que está previsto de que o autor nos visite no vindeiro mes de decembro para falarnos do seu libro e de moitas outras cousas. Aquí vos deixamos unha foto súa para que vos quededes coa súa cara.


Samaín 2010

Que sería de nós sen a inestimable colaboración de meigas e meigos! Sen a súa axuda e os seus feitizos que fan aparecer cabazas da nada, todo sería tan soso...

Novidades terroríficas

Para ir creando ambiente e inspirar ás nosas Musas para os relatos de terror compramos algunhas pelis :
- Vértigo do mestre Hitchcock
- Psicosis, tamén do mestre
- It, baseada na novela de S.King
- Frankenstein,de Mary Shelley
- Sherlock Holmes de Guy Ritchie (non é de terror pero tiñamos que tela pola nosa amizade co detective)
E tamén algúns libros:
- Todos juntos y muertos (Ch. Harris)
- Reckless. Carne de piedra (Cornelia Funke)
- La caída de los gigantes (de Ken Follet; este da medo polas páxinas que ten)
- Todo é silencio (de Manuel Rivas)
E mentres esperamos por Iron Man quedamos cunha das imaxes máis inquietantes da historia do cine (e que podedes vela na Biblio)

Concurso de Microrrelatos de Terror

Gústanvos as historias de medo? Sodes creativos? Pois esta é a vosa para botarlle imaxinación e, de paso, acadar un premio no concurso que convocamos de Microrrelatos de terror. Un relato que debe aterrorizarnos en menos de 125 palabras e que poderá comezar por calquera das seguintes maneiras:

- Non sentín dor cando o brazo se me desprendeu do corpo e vin que a man seguía a moverse …

- Vin unha sombra parada diante de min, pero ao virarme non había ninguén...

Cando o teñades, deixádenolo na BIBLIOTECA ou no correo electrónico bibliotecalandra@gmail.com cos vosos datos persoais (nome e grupo).
Tedes ata o venres 5 de novembro.


BIBLIOBURRO


Somos un privilexiados. Non hai dúbida. E ás veces non nos decatamos dos privilexios e vantaxes que temos ó alcance da man e de cote ignorámolos ou directamente os despreciamos.

Vén isto a conto co feito de que estes días estámoslle a amosar o funcionamento e o material que temos na Biblioteca ós novos alumnos de 1º da E.S.O para que se animen a visitala, usala e participar nela ( e non só os de 1º, que isto vai por todos) pero resulta que non todos os rapaces o teñen tan fácil. En Colombia, nunha zona de difícil accesibilidade, teñen que facerlle chegar os libros á xente por outros medios. Dito de outra maneira: a biblioteca viaxa en burro. Botádelle unha ollada a este vídeo e veredes que non mentimos e que esta é unha historia real



Este mes celébrase o día da biblioteca. Un bo momento para que cousas coma estas nos fagan apreciar o que temos. Aquí tedes máis información sobre Biblioburro, por se vos quedastes con ganas de máis.

Un ianqui na corte do rei Artur

Pode ser que alguén estea impaciente por entrar nos dominios do rei Artur e ver como se desenvolve ese ianqui pizpireto no salto no tempo. Posto que non van chegar os exemplares para que todos o leades agora xa, se volo permite a vosa vista podedes disfrutar do libro en formato pdf desde este enlace.
Que aproveite!

Novidades

A pesar da crise,aparte dos libros de Vargas Llosa, compramos algúns máis:
- El diario de Adán y Eva, de Mark Twain
- Samarcanda, de Amin Maalouf
- De muerto en peor, de Ch. Harris
Coma sempre, adquirimos pelis variopintas:
- Evasión o victoria
- Madagascar
- Alicia en el país de las maravillas (a versión clásica de Disney)
- El gran dictador
- Airbag
E para que non se diga que non temos música:
- Rain dogs
- The man comes around, de J.Cash
- The best of U2: 1980-2000
- Más, de A.Sanz
E como todavía non temos a axuda de Iron Man, quedamos cunha soa imaxe

Club de lectura: aviso a navegantes

Queremos agradecervos a vosa asistencia á reunión do noso club de lectura; tratamos de tantos proxectos e quedamos tan entusiasmados que non nos deu tempo a dicirvos (antes de que sairades trotando como o cabalo da foto) que xa hai varios exemplares na Biblioteca cos dous libros propostos: "O segredo de Marco Polo" e "Un ianqui na corte do rei Artur". Achegádevos e collédeos cando queirades;lede e despois xa falaremos.

Reunión do club de lectura

O vindeiro martes 19 de outubro, se os fados nolo permiten, faremos a primeira reunión do club de lectura ás 11.30, no recreo da ESO. Falaremos das propostas deste ano e dos plans que temos. Os que non poidades acudir nese recreo, poñédevos en contacto con calquera dos profesores encargados da biblioteca.
Animádevos e viaxade con nós por outros mundos; podemos aprender moitas cousas xuntos

Xa podedes ler a Vargas Llosa

Comezamos a adquisición de novidades con libros do recente premio Nobel; xa temos na biblio (e fichadas, listas para ir a casa)obras de Vargas Llosa recén saídas do forno:
- "La fiesta del Chivo" (sobre a dictadura de Trujillo)
- "Lituma en los Andes" (anda por aí "sendero luminoso")
- "La ciudad y los perros" (reflicte a súa experiencia nun colexio militar)
- "Pantaleón y las visitadoras" (unhas "visitadoras" e un exército no Amazonas)
- "Los cachorros" (sobre as dificultades da adolescencia)
- "El paraíso en la otra esquina" (aparece a figura do pintor Gauguin)
Unha vez que empecedes, estades perdidos: non poderedes parar

Vargas Llosa, premio Nobel


Alegrámonos de retomar o blog da biblioteca coa noticia de que se lle concedeu o recoñecidísimo premio Nobel a Mario Vargas Llosa, escritor en lingua hispana. Levaba nas listas de candidatos unha chea de anos e parecía que nunca o tería. Personaxe moi famoso tamén no mundo da política (chegou a aspirar a presidencia de Perú)a nós interésanos por ser autor de libros magníficos como "Los cachorros", "La ciudad y los perros", "Conversación en la catedral", "Pantaleón y las visitadoras", "La tía Julia y el escribidor"...Escribe desde que era moi novo e a súa capacidade creativa non minguou nin un chisco na súa avanzada idade: velaí temos obras como "La fiesta del Chivo" ou o seu estudo sobre Onetti. A súa prosa é dun español brillante e perfecto; cada vez que se le un párrafo escrito por el dan ganas de sacar o sombreiro e facer unha reverencia. Animádevos e lede os seus libros: non vos arrepentiredes.
Aquí tedes un vídeo del emocionado
E se queredes saber algo máis sobre el, tedes a súa páxina oficial

Relato dunha colaboradora

Se vos queredes entreter este verán, deixámosvos este ecoloxista e intrigante relato que nos achegou unha xove autora. A ver se vos animades máis a mandarnos os vosos...


E con isto rematamos por este curso, pero prometemos volver con moitas máis cousas, e incluso mellores, para o vindeiro. Pasade moi boas vacacións, e cando fagades as maletas para marchar á praia, non esquezades reservar unha para levar todos os libros.


As bolboretas pousáronse nas follas...dos nosos libros.

Pois si, andaban a revoar por entre esas páxinas decote esquecidas da nosa literatura, pero como vós a elixistes como a vosa palabra preferida, o que fixemos foi facer unha escolma de pequenos fragmentos de obras da Literatura galega onde aparecese a palabra BOLBORETA e logo, algúns valentes puxeron a máis melodiosa das súas voces para lelos e compartilos con todos vós. E ben bonitos que quedaron. Velaí van:

IVÁN CASTRO: Unha boda en Einibó:

Ir a descargar

JENNIFER REY NÚÑEZ: Recita un pequeno poema de Ricardo Carballo Calero:

Ir a descargar

CINTIA GONZÁLEZ: Deitado frente ao mar (Fragmento):

Ir a descargar

JESSICA BECERRA: Ás de bolboreta:

Ir a descargar

JUAN MANUEL POSE: Bolboreta non son:

Ir a descargar

LETICIA RAMA: Seitura:

Ir a descargar

RAMÓN VARELA: Ai!

Ir a descargar

TANIA PALLAS: A virxe do Cristal:

Ir a descargar

VANESA CAMBRE: A lingua das bolboretas:

Ir a descargar

IRENE REY: O amor que ha de ser meu:

Ir a descargar

LAURA CASTRO: Última fuxida a Harar:

Ir a descargar

DAVID BECERRA: Corazón Volvoreta:

Ir a descargar

LAURA MÉNDEZ: Cabalos:

Ir a descargar

LETICIA BAÑA: Con pólvora e Magnolias:

Ir a descargar


E non só na literatura galega aparece esta "máxica" palabra, Camilo José Cela, que aínda que galego, escribiu en Castelán, tamén menciona as bolboretas nalgunha das súas obras:

GUILLERMO MONTERROSO: Mazurca para dos muertos:

Ir a descargar


Tamén conseguimos que Basi, a profe de Galego nos recitase co seu cálido e evocador estilo DEITADO FRENTE AO MAR de Celso Emilio Ferreiro, un precioso poema, que é tamén toda unha declaración de principios:

Ir a descargar


E por último, deixámosvos cun fragmento de ÁLVARO CUNQUEIRO que Vicky Vigo nos leu e que, aínda que é o máis pequeno de todos, é unha auténtica preciosidade:

Ir a descargar


Unha fantástica experiencia, na que incluso creo que máis de un chegou a apreciar a emoción dun poema cando o recitou coa súa voz...como se por primeira vez se decatase da verdadeira beleza dunha bolboreta que sempre vira voar sen reparar nela...

Saramago e Monsiváis

Monsiváis decidiu acompañar a Saramago na súa derradeira viaxe. Era pouco coñecido por aquí pero de extraordinaria popularidade no seu país México; moi combativo nas súas ideas progresistas, foi un incansable defensor da educación pública e a lectura.Escribiu unha chea de libros de todo tipo: ensaios, crónicas, contos... As súas obras son moi variadas, pero hai unha constante que o fai recoñecible: a ironía e un ácido sentido do humor. El tamén deixa un pouco máis de beleza e de alegría neste mundo


Saramago: "até a amanhá"

Onte deixounos sos o "noso" nobel de literatura José Saramago. Vivía en Lanzarote pero nacera nunha aldea do Portugal profundo e escribiu toda a súa obra en portugués. Era moi coñecido polo seu compromiso ideolóxico e a súa adhesión a causas case perdidas, pero o que a nós realmente nos importa son os seus libros; entre eles hai xoias como "Memorial de convento", "O ano da morte de Ricardo Reis", "O evanxelio segundo Xesucristo", "Ensaio sobre a cegueira"... Fíxonos viaxar por outras realidades, e estámoslle moi agradecidos. Algo del quedará sempre por aquí, aumentando a beleza e a bondade deste mundo



Se non queredes pasar o tempo a ler (xa sabemos o preguiceiros que sodes) aquí tedes un anaquiño da súa obra en audio e unha curtametraxe baseada nunha obra súa.





Reunión do club de lectura

O vindeiro martes 22 de xuño (pre- San Xoán) celebraremos a derradeira reunión do noso club "vixías das letras". Laretaremos sobre Alicia e as súas marabillas; e tamén faremos o posible por darnos unha boa despedida.
Contamos con vós, coma sempre.

Premio Príncipe de Asturias 2010

Xa temos o gañador deste ano do premio Príncipe de Asturias das Letras: o escritor Amin Maalouf. Libanés de nacemento pero francés de adopción (escribe as súas obras en idioma galo) é autor de libros que están a medio camiño entre a ficción e a realidade; algo parecido á novela histórica (parecido pero "nomás que diferente" como diría un mexicano). Os que estamos na biblio lemos algunhas das súas novelas como "León o africano", biografía dun ser privilexiado e curioso que tivo a sorte de contemplar o esplendor do século XVI, ou "Samarcanda", un retrato da perigosa secta dos asasinos ( en orixe: os que fumaban hachís). Total: que nos parecería moi ben que probasedes a ver se vos gusta. Prometemos comprar algún libro del.

Recordamos que este premio é case un sinónimo de calidade; fixádevos en autores como José Hierro, Ángel González, Torrente Ballester, Juan Rulfo, Vargas Llosa, Álvaro Mutis, Augusto Monterroso... ou autores de fala non hispana como Amos Oz, Margaret Atwood, Ismail Kadare (premio do ano pasado e do que temos algúns libros magníficos na biblio que tedes medo de ler) e moitos máis ...
Colgamos unha foto para que o recoñezades por se pasa por Carballo


Deixamos un enlace coa súa páxina oficial por se sentides curiosidade e queredes saber máis ( e practicar francés ao mesmo tempo)

Amin Maalouf

E por se non vos apetece ler, aquí tedes unha entrevista para ver e escoitar

Bolboreta

Bolboreta é a palabra "dada "que máis vos gustou... será pola acción da primavera nos nosos corpos???

Máis novidades

Seguimos mercando máis libros e pelis que nos suxerides ou que consideramos que poden facernos un pouco máis felices. Aquí van citados algúns deles:
- Alicia en el país de las maravillas (como xa vimos a peli, agora vamos contrastala no club de lectura)
- Crepúsculo (novela gráfica)
- Pollo con ciruelas
- Bordados (estes dous obra da mesma autora de Persépolis)
- Anatomía de un instante (temos que facerlle caso á nosa historia)
- Platón y un ornitorrinco entran en un bar (o título xa di bastante)
- Atraco perfecto (das mellores películas de Kubrick)
- Minority Report (porque nos gusta a ciencia fición)
- Munich (porque tamén nos gusta Spielberg case sempre)
- Diamantes de sangre (para saber o auténtico prezo dos diamantes)
- La vida de los otros (sobre o poder terrorífico da Stasi)
- Ran (unha visión de Kurosawa sobre o rei Lear e unha das pelis favoritas de Caos)
- El secreto de sus ojos (si, tamén nos gusta Ricardo Darín)
- Avatar , éxito recente
- El intercambio , película de suspense.

E aquí vai unha ilustración do noso colaborador gráfico

Visita aérea a Santiago

Despois de tratar os asuntos terrenais no Parlamento (a alguén lle recordou a "Sálvame de Luxe") decidimos poñernos espirituais e etéreos e visitar os tellados da catedral. A verdade é que aprendimos e disfrutamos moitísimo.Podedes comprobalo no seguinte vídeo


ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

O mércores 5 de maio varios compoñentes do Club de Lectura fomos ver a película de "Alicia en el País de las Maravillas " de Tim Burton. Estreamos novo look coa escusa de ver unha película en 3D.
Botamos de menos a algúns, pero en especial a Miguel e a Sebas.
Non esqueceremos ó "Galimatazo" nin os movementos sinuosos da raíña Branca.
Aquí tedes uns documentos gráficos do acontecemento.


LECTURA DO QUIJOTE NA BIBLIO

Na presentación seguinte podedes ver as fotos de moitos dos que lestes o día 23 de abril na biblio o Quijote, tamén están as dos colaboradores que nos axudaron a decorar o instituto esa semana. Todas as fotos que sacamos eses días están nun álbum de Picassa ó que podedes acceder desde o blog do instituto.

Día do Libro-Semana do Quijote

Como xa sabedes, o 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro. A biblio quixo adicarlle o seu día ao Quijote, e con ese motivo se realizaron distintas actividades que se prolongaron durante toda a semana pasada e parte da presente.

Así, podedes ver por todo o Instituto unhas bonitas láminas que ilustran as distintas edicións do Quijote, un repaso ós principais ilustradores da mesma ó longo dos séculos, o Quijote en cómics... Tamén puidestes ver como se comía na época e algunhas das receitas que podemos elaborar hoxe en día basándonos nas que saen na novela, gracias ó traballo dos profes de CC.NN. e os seus alumnos; a vestimenta da época por se queríades ir á moda do século XVII, un divertido concurso de xustas medievais para descubrir ó mellor cabaleiro do Instituto que fixeron os profes de E.F.... En fin que houbo (e hai) para todos os gustos.

O remate final e a actividade principal do día 23 foi a lectura pública e continuada do Quijote. Comezamos ás nove da mañán co capítulo I e chegamos ata o XVI. Faltáronnos máis de 100 para rematar a obra, pero pasámolo moi ben, porque os máis ousados ata se ambientaron co yelmo do Quijote, a gorguera para o colo e ata houbo quen puxo o bigote, non sei se daliniano ou Cervantino, pero que lles quedaba que nin pintado.

E todo dentro dunha marabillosa ambientación ideada por Quico, o profe de Plástica e levada a cabo por el e os seus alumnos. Tan boa que xa pensamos en deixar a porta da Biblio como está agora...

Pouco a pouco iremos poñendo os vídeos e as fotos de todas as actividades, que hai tantas, que leva o seu tempo, non creades. De momento deixámosvos cun "póster"interactivo onde podedes atopar, se investigades nel, xa algunha cousa: algunhas fotiños, uns vídeos, incluso o primeiro capítulo do Quijote por se aínda quedastes con ganas. Se pinchades arriba, onde pon en "rosita" Glogster.com, se desplegará un menú para ver o póster en pantalla completa (View full size). Axiña, máis...


ENTREGA DE PREMIOS TORNEO DE XADREZ

POR ESTE CURSO XA REMATOU O CAMPIONATO, (CASE) TODOS OS PARTICIPANTES XA TEDES OS VOSOS PREMIOS. PARABENS PARA TODOS, E UN POUQUIÑO MÁIS PARA JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ (4º A) E ROMÁN RODRÍGUEZ (1º BACH A). AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS DAS FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS E MÁIS DO TORNEO, QUE CASE VOTÁBADES FUME POLAS ORELLAS, POR SI QUEREDES VELAS. AÌNDA QUE O NOSO CAMPIONATO REMATOU, XA PODEMOS DISFRUTAR DOUTRO, AÌNDA QUE DE MENOS CATEGORÍA, QUE SE ESTÁ A CELEBRAR NESTES DÍAS EN SOFÍA, BULGARIA: É O CAMPIONATO DO MUNDO DE XADREZ, ENTRE TOPALOV E ANAND. SE QUEREDES VER AS PARTIDAS, AQUÍ TEDES O ENLACE:

http://www.pedroyrosa.es/ajedrez2/2010/04/24/anand-topalov-2010-campeonato-del-mundo-de-ajedrez/

ajedrezpresentacion

Reunión club de lectura

Como xa tivemos tempo de estudar cuidadosamente cada un dos casos criminais contados por Doyle, faremos unha posta en común das nosas pescudas e conclusións o próximo xoves 22 de abril na hora do recreo. Acudide, por favor: Scotland Yard necesita a nosa colaboración.


En busca de lectores perdidos

En directo desde "Las Vegas" (Burgos, anexo ao club "de lectura"), informamos do achádego de novos lectores de moi diversa pelaxe. Colgamos aquí as fotos de Javier, Niki, Moreno, Cris, Nadia...


Por certo, aprendemos moitísimo da revolución sexual das osas; se queredes saber máis, esperádenos á volta.


Pero aínda hai máis: movémonos quilómetros e quilómetros para que teñades as últimas novidades ben quentiñas.


Películas

Máis que películas, deberiamos calificarlas de peliculóns. Seguimos aumentando a nosa filmoteca landriana con pelis que nos solicitades ou que nós pensamos que poden facer a vida máis agradable. Son:

- Vieiros de gloria , unha xenialidade de Kubrick sobre un episodio da Gran Guerra

- Gran Torino , un "gran reserva" de Clint Eastwood

AS LETRAS ESPAÑOLAS, DE LOITO

O pasado venres día 12 produciuse o pasamento do escritor e académico español (ocupaba o sillón "e minúscula" da RAE) Miguel Delibes. Sempre discreto, a súa actividade e as súas aparición públicas víronse notablemente disminuídas ó longo dos últimos anos debido ós problemas propios da edade e outras complicacións da saúde. E é que, como el mesmo dixo en máis dunha ocasión, no seu caso "o escritor morreu antes que o home". Aínda así, Delibes é un dos autores fundamentais da literatura española da segunda metade do século XX e ainda de toda a sú historia. Dunha prosa sinxela, pero purísima na que se pode recoñecer o mellor castelán, Delibes sempre amosou unha especial sensiblilidade e humanidade cos máis desfavorecidos é débiles. Obras como El camino, Las ratas ou Los santos inocentes, da que Mario Camus fixo unha excelente versión cinematográfica son mostras do mellor Delibes.
Tamén foi un gran amante do fútbol e da caza, e ó mesmo tempo un ecoloxista convencido e adiantado ó seu momento, sempre respetuoso coa Natureza, como se pode comprobar en Diario de un cazador.
Eterno candoidato ó Premio Nobel, malia que nunca o chegou a acadar, obtivo, sen embargo, o premio máis importante para un escritor: o do público, que sempre o recoñeceu e o admirou e ven sendo un dos autores máis lidos da Literatura española. Na biblio podedes atopar varias obras súas. É un bo momento para recordalo e homenaxealo lendo algún dos seus libros. DEP.

O día das mulleres, un día para a igualdade

Cúmprense cen anos (nada menos!) da dedicación dos 8 de marzo á muller traballadora. Así que non podemos deixar de lembralo e de celebralo. Por suposto, moitas persoas consideran que neste ámbito está todo máis que logrado e para que marear máis a perdiz. Mais..., a realidade, os datos, son contumaces: amósannos, cando sabemos sacalos á luz, que o traballo feminino é menos valorado (economicamente, socialmente), que as mulleres están a pagar en excesivas ocacións coa súa vida e co matrato (físico, psicolóxico) por parte de quen non asume os cambios sociais, que as mulleres teñen un teito de cristal (ben duro, "diamantino") que lles dificuta chegar a postos de poder. Hai, ademais, moitas outras realidades aínda difíciles de visibilizar, de verbalizar, como o menosprezo das enormes contribucións das mulleres na vida cotiá (no coidado de menores e maiores, nas tarefas domésticas...), como o desprezo de estilos pacíficos, sensibles, dubitativos e pouco gritóns no ámbito profesional e público.
En fin, estoume poñendo demasiado seria (¿será porque me creo o que digo?), e máis ben quería amosar ton festivo: o camiño é pedregoso e tramposo, si, pero segundo avanzamos unhas e outros imos destapando novas paisaxes e facendo algunhas alianzas e amizades inesperadas. Déixovos un vídeo realizado nun instituto e con música de Bebe e un artigo de María Reimóndez.



http://www.xornal.com/opinions/2010/03/06/Opinion/tecin-soia-mina-tea/2010030601172700217.html



La Celestina

Os alumnos de 3º 4º de E.S.O. e 1º de BAC tiveron onte a sorte de asistir a unha representación da obra La Celestina de Fernando de Rojas, que levou a cabo a compañía catalana Teatre del repartidor. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e tivo lugar no IES Cruceiro Baleares, máis coñecido como "A laboral".

A verdade é que, ó noso parecer, foi un traballo estupendo, cunha adaptación moi digna dunha obra complexa e longa, pero que conseguiu captar a atención e agradar á maioría, sen perder a esencia do orixinal.

Aquí vos deixamos cuns fragmentos da representación, para que vos fagades unha idea. A ver se agora, despois de ir vela e comprendela mellor, alguén se anima a lela ou "relela" porque é un clásico imprescindible e na Biblio temos exemplares dabondo (Só nos falta a película, na que sae a nosa agora internacionalisima "Pe")



E deixádenos tamén algún comentario do que vos pareceu a vós, aínda que ós que lle preguntamos onte nos dixeron que "Molara moitísimo"

Novidades de marzo


A pesar de que a Biblioteca está en ebulición polo noso concurso, atopamos espazo e tempo para comprar algunhas cousiñas que nos solicitastes. Efectivamente, si, hai vida máis alá do sabías que...

- Nevermind
- Los número uno
- American History X
- La vida de Brian
- Cuentos fantásticos del XIX
- Damon el retorno
- Cazadores de sombras 3
- Un lugar incierto

RELATOS GAÑADORES E PARTICIPANTES CARTAS E SMS DE AMOR

Despois dunha espera un pouco longa, deixámosvos cos relatos das gañadoras e do resto de participantes no concurso de cartas e SMS de amor que celebramos por San Valentín. A verdade é que a participación non foi todo o numerosa que agardabamos, non sabemos se por falta de publicidade ou porque sodes descoñecedores do amor... pero non sei por que pensamos que por isto último non é.

De tódolos xeitos o baixo número de participantes quedou compensado coa alta calidade dos traballos presentados, que nos fixo moi difícil escoller ás gañadoras. Aí vos quedan os relatos para a posteridade, que sempre gusta ver as cousas de un publicadas, aínda que sexa "virtualmente"

Gañadoras concurso cartas e sms de amor


Xa temos gañadoras do concurso de cartas e sms de amor!! Tras unha intensa deliberación do xurado, o Equipo de Normalización Lingüística e Biblioteca Landra acordaron conceder os seguintes primeiros premios:

En cartas de amor, para ALBA CAMEÁN (3º ESO)
En sms de amor, para YOLANDA MANTEIGA (2º Bac)


As persoas participantes non foron tantas como nos tivera gustado (ambicionamos moito), pero a calidade foi notable, polo que todas as participantes terán algún premio (noraboa!!). Pasade pola biblioteca a preguntar.




Xa Estamos No Entroido


Case todos nós sabemos o que é un freixón ou unha cacheira, pero sabedes que é un meco, un irrio ou unha carauta?

Se pinchades na imaxe do Cigarrón poderedes descubrilo...


Tamén podedes encontrar as receitas de

FILLOAS

ORELLAS

COCIDO

XADREZ

Este vai dedicado a un futuro mestre: Yoel. A ver se os demáis sabedes por onde collelo. Non é unha pista.



Xogan negras e dan mate en dúas:


ir arriba