BIBLIOBURRO
Somos un privilexiados. Non hai dúbida. E ás veces non nos decatamos dos privilexios e vantaxes que temos ó alcance da man e de cote ignorámolos ou directamente os despreciamos.
Vén isto a conto co feito de que estes días estámoslle a amosar o funcionamento e o material que temos na Biblioteca ós novos alumnos de 1º da E.S.O para que se animen a visitala, usala e participar nela ( e non só os de 1º, que isto vai por todos) pero resulta que non todos os rapaces o teñen tan fácil. En Colombia, nunha zona de difícil accesibilidade, teñen que facerlle chegar os libros á xente por outros medios. Dito de outra maneira: a biblioteca viaxa en burro. Botádelle unha ollada a este vídeo e veredes que non mentimos e que esta é unha historia real
Este mes celébrase o día da biblioteca. Un bo momento para que cousas coma estas nos fagan apreciar o que temos. Aquí tedes máis información sobre Biblioburro, por se vos quedastes con ganas de máis.
Etiquetas:
biblioburro,
Colombia,
curiosidades,
día da biblioteca
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario