14 de abril
Estes días o Departamento de Xeografía e Historia ten organizada unha exposición na entrada do Instituto acerca do ensino na República. Lendo as explicacións dos paneis podemos lembrar as carencias de escolas e de mestres e as elevadas taxas de analfabetismo; as súas ilusións de erradicar todo isto e aspirar á excelencia seguen sendo as de todos nós e as de tantos idealistas que temos na nosa profesión (nihil novum sub sole). Hoxe pareceunos un bo día para recordar estas utopías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)