ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Relato dunha colaboradora

Se vos queredes entreter este verán, deixámosvos este ecoloxista e intrigante relato que nos achegou unha xove autora. A ver se vos animades máis a mandarnos os vosos...


E con isto rematamos por este curso, pero prometemos volver con moitas máis cousas, e incluso mellores, para o vindeiro. Pasade moi boas vacacións, e cando fagades as maletas para marchar á praia, non esquezades reservar unha para levar todos os libros.


As bolboretas pousáronse nas follas...dos nosos libros.

Pois si, andaban a revoar por entre esas páxinas decote esquecidas da nosa literatura, pero como vós a elixistes como a vosa palabra preferida, o que fixemos foi facer unha escolma de pequenos fragmentos de obras da Literatura galega onde aparecese a palabra BOLBORETA e logo, algúns valentes puxeron a máis melodiosa das súas voces para lelos e compartilos con todos vós. E ben bonitos que quedaron. Velaí van:

IVÁN CASTRO: Unha boda en Einibó:

Ir a descargar

JENNIFER REY NÚÑEZ: Recita un pequeno poema de Ricardo Carballo Calero:

Ir a descargar

CINTIA GONZÁLEZ: Deitado frente ao mar (Fragmento):

Ir a descargar

JESSICA BECERRA: Ás de bolboreta:

Ir a descargar

JUAN MANUEL POSE: Bolboreta non son:

Ir a descargar

LETICIA RAMA: Seitura:

Ir a descargar

RAMÓN VARELA: Ai!

Ir a descargar

TANIA PALLAS: A virxe do Cristal:

Ir a descargar

VANESA CAMBRE: A lingua das bolboretas:

Ir a descargar

IRENE REY: O amor que ha de ser meu:

Ir a descargar

LAURA CASTRO: Última fuxida a Harar:

Ir a descargar

DAVID BECERRA: Corazón Volvoreta:

Ir a descargar

LAURA MÉNDEZ: Cabalos:

Ir a descargar

LETICIA BAÑA: Con pólvora e Magnolias:

Ir a descargar


E non só na literatura galega aparece esta "máxica" palabra, Camilo José Cela, que aínda que galego, escribiu en Castelán, tamén menciona as bolboretas nalgunha das súas obras:

GUILLERMO MONTERROSO: Mazurca para dos muertos:

Ir a descargar


Tamén conseguimos que Basi, a profe de Galego nos recitase co seu cálido e evocador estilo DEITADO FRENTE AO MAR de Celso Emilio Ferreiro, un precioso poema, que é tamén toda unha declaración de principios:

Ir a descargar


E por último, deixámosvos cun fragmento de ÁLVARO CUNQUEIRO que Vicky Vigo nos leu e que, aínda que é o máis pequeno de todos, é unha auténtica preciosidade:

Ir a descargar


Unha fantástica experiencia, na que incluso creo que máis de un chegou a apreciar a emoción dun poema cando o recitou coa súa voz...como se por primeira vez se decatase da verdadeira beleza dunha bolboreta que sempre vira voar sen reparar nela...

Saramago e Monsiváis

Monsiváis decidiu acompañar a Saramago na súa derradeira viaxe. Era pouco coñecido por aquí pero de extraordinaria popularidade no seu país México; moi combativo nas súas ideas progresistas, foi un incansable defensor da educación pública e a lectura.Escribiu unha chea de libros de todo tipo: ensaios, crónicas, contos... As súas obras son moi variadas, pero hai unha constante que o fai recoñecible: a ironía e un ácido sentido do humor. El tamén deixa un pouco máis de beleza e de alegría neste mundo


Saramago: "até a amanhá"

Onte deixounos sos o "noso" nobel de literatura José Saramago. Vivía en Lanzarote pero nacera nunha aldea do Portugal profundo e escribiu toda a súa obra en portugués. Era moi coñecido polo seu compromiso ideolóxico e a súa adhesión a causas case perdidas, pero o que a nós realmente nos importa son os seus libros; entre eles hai xoias como "Memorial de convento", "O ano da morte de Ricardo Reis", "O evanxelio segundo Xesucristo", "Ensaio sobre a cegueira"... Fíxonos viaxar por outras realidades, e estámoslle moi agradecidos. Algo del quedará sempre por aquí, aumentando a beleza e a bondade deste mundo



Se non queredes pasar o tempo a ler (xa sabemos o preguiceiros que sodes) aquí tedes un anaquiño da súa obra en audio e unha curtametraxe baseada nunha obra súa.





Reunión do club de lectura

O vindeiro martes 22 de xuño (pre- San Xoán) celebraremos a derradeira reunión do noso club "vixías das letras". Laretaremos sobre Alicia e as súas marabillas; e tamén faremos o posible por darnos unha boa despedida.
Contamos con vós, coma sempre.

Premio Príncipe de Asturias 2010

Xa temos o gañador deste ano do premio Príncipe de Asturias das Letras: o escritor Amin Maalouf. Libanés de nacemento pero francés de adopción (escribe as súas obras en idioma galo) é autor de libros que están a medio camiño entre a ficción e a realidade; algo parecido á novela histórica (parecido pero "nomás que diferente" como diría un mexicano). Os que estamos na biblio lemos algunhas das súas novelas como "León o africano", biografía dun ser privilexiado e curioso que tivo a sorte de contemplar o esplendor do século XVI, ou "Samarcanda", un retrato da perigosa secta dos asasinos ( en orixe: os que fumaban hachís). Total: que nos parecería moi ben que probasedes a ver se vos gusta. Prometemos comprar algún libro del.

Recordamos que este premio é case un sinónimo de calidade; fixádevos en autores como José Hierro, Ángel González, Torrente Ballester, Juan Rulfo, Vargas Llosa, Álvaro Mutis, Augusto Monterroso... ou autores de fala non hispana como Amos Oz, Margaret Atwood, Ismail Kadare (premio do ano pasado e do que temos algúns libros magníficos na biblio que tedes medo de ler) e moitos máis ...
Colgamos unha foto para que o recoñezades por se pasa por Carballo


Deixamos un enlace coa súa páxina oficial por se sentides curiosidade e queredes saber máis ( e practicar francés ao mesmo tempo)

Amin Maalouf

E por se non vos apetece ler, aquí tedes unha entrevista para ver e escoitar

Bolboreta

Bolboreta é a palabra "dada "que máis vos gustou... será pola acción da primavera nos nosos corpos???
ir arriba