ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Campionato de xadrez intercentros

O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña. Tras facer unha escolma do melloriño dos nosos xogadores, os cales saíron do nosos torneo de xadrez celebrado en datas recentes, alá nos fomos, dispostos a demostrarlles o ben que se nos dá isto dos 64 escaques.




Acompañados por Anta e Bea Cuesta, máis alá da pura competición, hai que decir que pasamos unha estupenda xornada de convivencia na que coñecimos outro centro, intercambiamos experiencias con outros rapaces entusiastas do xogo coma nós, e, algo que non é moco de pavo, tamén tivemos a oportunidade de charlar e xogar unhas partidas simultáneas con Jacobo Caselas, mestre internacional de xadrez.



Xa no que é o torneo propiamente dito, os resultados tamén foron estupendos, destacando o segundo premio obtido por Pedro Agrelo, alumno de 1º ESO A


En resumo, unha experiencia divertida e enriquecedora que esperamos repetir en vindeiros anos.





















Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Gañadores Sabías que

Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta ocasión impuxéronse Los cuatro fantásticos, algún de cuxos membros estivo no equipo que o ano pasado perdeu a final, co cal se pode decir que se tomaron cumprida vinganza.

Na categoría Vellas Glorias, ambos finalistas eran novatos nestas lides, polo que os nervos xogaron un papel determinante. Venceron Bandana is the new cap tras unha dura loita na que estivo a punto, pero afortunadamente o sangue non chegou ao río.

Coma sempre, a final foi unha festa con moi bo humor, disfraces, convidados de honra e reparto de chuches e premios sorpresa a todos os participantes.

Á volta de vacacións de antroido repartiremos os premios para os finalistas e semifinalistas.

A próxima edición promete ser mellor... ou non...

Podedes ver más fotos no blog don concurso
Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Finais Sabías que...?

Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!!

Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e neste caso quen se van xogar o título de Campións 2017 van ser...

CATEGORÍA BEIBI BOOMS

LOS INDECISOS Vs LOS CUATRO FANTÁSTICOS



CATEGORÍA VELLAS GLORIAS

FELÍPEZ... ESTO ES UNA INTERVENCIÓN Vs BANDANA IS THE NEW CAP

No blog do concurso, podedes ver más fotos do ambiente das semifinais


Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros lugares. Unha vez feito o sorteo os enfrontamentos nas distintas categorías quedaron así.

CATEGORÍA BEIBI BOOMS

LOS INDECISOS Vs TEAM HACKER

 DJ GE Vs LOS CUATRO FANTÁSTICOS

CATEGORÍA VELLAS GLORIAS

A ESKOLA Vs FELÍPEZ... ESTO ES UNA INTERVENCIÓN

BANDANA IS THE NEW CAP Vs BACHILLER Y NO ME ENCUENTRO


Será unha loita "a calzón quitado" para acadar o ansiado posto na final. Aquí vos esperamos o martes mércores e xoves para que veñades animar. Mirade a expectación que desperta este concurso en todo o mundo, profes incluidos...


Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Sabias que...?

Un ano máis iniciamos nova edición do concurso máis famoso do mundo mundial. O ano pasado xubiláronse algunhas das vellas glorias máis egrexias do centro, pero este ano seguen con nós e de seguro que se incorporarán novos talentos con enerxías renovadas. Agardamos que, como sempre, sexa un éxito total. Aínda estás a tempo de formar o teu grupo e participa. Información e bases na biblioteca e no blog do concurso: http://osabiasquedoparga.blogspot.com.es/


Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Concurso de microrrelatos de terror

Como xa é tradicional por estas datas de Samaín/Halloween, convocamos o noso primeiro concurso do ano: os microrrelatos de terror. Nesta ocasión voltamos ó noso formato máis habitual, trátase de que elaboredes un relato de medo/terror con 125 palabras como máximo e para o cal vos damos dous posibles comezos

-Mireime no espello e o que vin non foi o meu rostro...

-Aí está, ollándome desde a ventá, o corvo que me visita desde hai tres noites ó dar as doce...

Escolle con cal queres comezar e envíanos o teu relato a bibliotecalandra@gmail.com ou entrégao na biblioteca. O prazo é ata o 11 de novembro.

Haberá premio para todos os participantes e premios especiais para os gañadores


Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube

Torneo de xadrez 2016-2017

Como todos os anos, os Deparatmentos de Filosofía e Matemáticas organizan o torneo de xadrez que dará comezo o vindeiro mércores 2 de novembro.

Este ano houbo clases nos recreos para todos aqueles que quixeran iniciarse neste marabilloso deporte e, como novidade, hai que sinalar que nesta edición competirase por equipos coa condición de que sexan mixtos.

Moito ánimo ós participantes e agardamos un gran ambiente nos recreos para aisitir ás partidas.


Comparte esta entrada en: Compartir Compartir en Google Buzz YouTube
ir arriba