ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

AS LETRAS ESPAÑOLAS, DE LOITO

O pasado venres día 12 produciuse o pasamento do escritor e académico español (ocupaba o sillón "e minúscula" da RAE) Miguel Delibes. Sempre discreto, a súa actividade e as súas aparición públicas víronse notablemente disminuídas ó longo dos últimos anos debido ós problemas propios da edade e outras complicacións da saúde. E é que, como el mesmo dixo en máis dunha ocasión, no seu caso "o escritor morreu antes que o home". Aínda así, Delibes é un dos autores fundamentais da literatura española da segunda metade do século XX e ainda de toda a sú historia. Dunha prosa sinxela, pero purísima na que se pode recoñecer o mellor castelán, Delibes sempre amosou unha especial sensiblilidade e humanidade cos máis desfavorecidos é débiles. Obras como El camino, Las ratas ou Los santos inocentes, da que Mario Camus fixo unha excelente versión cinematográfica son mostras do mellor Delibes.
Tamén foi un gran amante do fútbol e da caza, e ó mesmo tempo un ecoloxista convencido e adiantado ó seu momento, sempre respetuoso coa Natureza, como se pode comprobar en Diario de un cazador.
Eterno candoidato ó Premio Nobel, malia que nunca o chegou a acadar, obtivo, sen embargo, o premio máis importante para un escritor: o do público, que sempre o recoñeceu e o admirou e ven sendo un dos autores máis lidos da Literatura española. Na biblio podedes atopar varias obras súas. É un bo momento para recordalo e homenaxealo lendo algún dos seus libros. DEP.

No hay comentarios:

ir arriba