ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

La Celestina

Os alumnos de 3º 4º de E.S.O. e 1º de BAC tiveron onte a sorte de asistir a unha representación da obra La Celestina de Fernando de Rojas, que levou a cabo a compañía catalana Teatre del repartidor. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e tivo lugar no IES Cruceiro Baleares, máis coñecido como "A laboral".

A verdade é que, ó noso parecer, foi un traballo estupendo, cunha adaptación moi digna dunha obra complexa e longa, pero que conseguiu captar a atención e agradar á maioría, sen perder a esencia do orixinal.

Aquí vos deixamos cuns fragmentos da representación, para que vos fagades unha idea. A ver se agora, despois de ir vela e comprendela mellor, alguén se anima a lela ou "relela" porque é un clásico imprescindible e na Biblio temos exemplares dabondo (Só nos falta a película, na que sae a nosa agora internacionalisima "Pe")



E deixádenos tamén algún comentario do que vos pareceu a vós, aínda que ós que lle preguntamos onte nos dixeron que "Molara moitísimo"

1 comentario:

Kira dijo...

A min gustoume bastante, pero non podería dicir que me "Molara moitísimo" Fíxome rir e foi entretida, pero pra o meu gusto moi poucos actores para tantos personaxes :( Sempre le vexo defectos a todo, XD

ir arriba