1 de abril
Parece ser que tal data como hoxe remataban as celebracións de Aninovo en Francia e todo o seu imperio, ata que alá polo século XVI o rei decidiu adoptar o calendario Gregoriano e empezar o ano o 1 de xaneiro. Os bromistas decidiron ridiculizalo facendo bromas ou entregando regalos absurdos; o máis característico era colgar un peixe no lombo de alguén sen que se decatara: é o “peixe de abril”. Tamén hai unha razón zodiacal: nestas datas o sol abandona Piscis. En moitos países do mundo segue a celebrarse. Sexa como sexa,calquera razón é boa para unha festa: Felicidades!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario