ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Día internacional dos museos

Os museos e as bibliotecas son amigos íntimos. Por iso queremos deixar constancia de que hoxe é o seu día e que podedes aproveitar o día de lecer para achegarvos a algunha localidade próxima como Coruña ou Santiago onde haberá diversas actividades conmemorativas. En Santiago serán actos conxuntos por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego e a Fundación Granell. Na Coruña, os museos científicos e o Arqueolóxico celebrarán unha xornada de portas abertas e os Xardíns de Méndez Núñez presentarán unha sala de arte efímero ao aire libre, aberta á participación do público. Ilustramos esta entrada cunha viñeta do noso querido Forges...
P.S. Se tedes interese no mundo dos vampiros e derivados, non vos perdades a exposición no Luis Seoane sobre o universo de Drácula e Bram Stocker.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu apúntome ao de Drácula. Ten que estar terrorífico!!!

Lady Beauvoir dijo...

Ten coidado, non vaias sair da exposición cun mordisco ;)

ir arriba