Este ano quixemos adicarlle o Día Internacional do Libro á Poesía. Así, con maiúsculas. E que vós, coma sempre, fósedes os protagonistas. Nesta ocasión, ocurriusenos que a mellor maneira de achegármonos á poesía, ou de que ela se acheguara a nós, xa que é a gran esquecida moitas veces, era que as palabras deran paso ás imaxes e tamén á música, porque a poesía é algo tan grande que pode ser todo iso á vez.
E así foi: durante o Luns 23 e o martes 24 todos os alumnos do Centro pasastes pola nosa Biblioteca e lestes os poemas que máis vos inspiraron, acompañados moitas veces dunhas presentacións nas que ían aparecendo as imaxes que vos suxerían as palabras e cunha música de fondo que vós tamén escollestes. Foi unha estupenda experiencia, que estamos seguros que sorprendeu a máis de un e que nos descubriu o verdadeiro poder da palabra. Léronse poesías de Wystan Hugh Auden, William Wordsworth en inglés e Victor Hugo, Verlaine e Rimbaud en francés. Os alumnos de Latín leron nesa lingua algunhas fábulas e os de Bacharelato reproduciron na súa lingua orixinal a Fábula de Píramo e Tisbe. Pola súa banda os de Grego trouxeron ós nosos días a Safo e Alceo que se misturaron con Pedro Salinas, Bécquer, Lorca, Pablo Neruda, Vicente Aleixandre, Machado, Benedetti, Juan Ramón Jiménez, Pondal, Rosalía, Curros e moitos outros ós que os alumnos e algún que outro profesor lle puxeron voz durante estas xornadas.
E pouco a puco o Día do Libro convertéusenos en Semana Literaria, porque como compañeira perfecta destas lecturas puidemos disfrutar da charla que o profesor e poeta Yago Rodríguez Yáñez nos adicou acerca da poesía en xeral e da figura do poeta lugués Fiz Vergara Vilariño: a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial recitou uns poemas dos seus libros En clave de sol e Átonos e puxo en escea un tableau que elaborou cos alumnos de 1º de ESO.
Como prato forte, o martes tivemos o inmenso placer e a fortuna de disfrutar dunha actuación especial de tres dos ex-membros do grupo de folk carballés Xocaloma, Dolores Platas, José Luis Díaz e Joaquina Ávila que se volveron xuntar nunha ocasión única para deleitarnos cun concerto no que musicaron poemas de Rosalía.
E por se isto fora pouco, o xoves 25 a poesía saiu da Biblio gracias a actividade programada polo Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Lingua Galega que levaron ós alumnos de 1º de BAC a percorrer a rota pondaliana polos arredores de Ponteceso en lembranza do poeta galego.
En fin, unha semana redonda chea de actividades, cada cal máis satisfactoria. Para que logo digan da poesía... e das bibliotecas.
Pouco a pouco ó longo da semana iremos colgando os vídeos das vosas intervencións na nosa canle de Youtube (tedes a ligazón á esquerda). Aí iredes saíndo todos, así que botádelle un vistazo de vez en cando. De momento deixámosvos cun vídeo que elaboraron Alba Cameán e Sebas Torres Gelardi (1º BAC A)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario