ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

SABEDES XOGAR OU QUE?















Problema número 1.


Os que aspiredes ao premio especial Joel, aquí podedes comezar a demostrar se o merecedes. Xogan blancas e dan mate en dúas. Tedes un par de días para que non vos estresedes. Aproveitando a ocasión aquí tedes as regras do torneo, que son as mesmas que as do curso pasado, e o anterior, e o outro... é que xa temos historia!


1.- regras para partidas rápidas:
Tempo: 10 minutos
Gana o xogador que da xaque mate ao seu contrincante.
Se rematara o tempo dun xogador, antes de que haxa xaque mate, perde o xogador que esgotou o tempo, independentemente das pezas con que conte cada xogador.
A partida remata en tablas (empate), se:
a) un dos xogadores da xaque continuo ao seu contrincante.
b) so quedan os reis no taboeiro.
c) cando o xogador que debe mover, non pode facer ningunha xogada e o seu rei non esta en xaque. (rei afogado).
d) cando non hai pezas dabondo para que se poda dar xaque mate.(un so cabalo, un so bispo, torre e rei contra torre e rei, dama e rei contra dama e rei).

2.- hai dúas categorías: unha da eso, e outra de bacharelato. O torneo realízase en ámbolos dous recreos.

3.- todos os participantes que non falten ás súas partidas, terán un agasallo ao remate do torneo.

4.- haberá un ganador da eso e máis outro de bacharelato. Ambos levan premio aínda que, para rematar o torneo, enfretaránse na máis emocionante de todas as partidas.

Sorte a todos e todas!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Aa3;
Si as negras xogan Tf8+ as brancas farán gxf8A++.
Si as negras xogan calquera outra, as brancas farán AC1++.
p.d.O seguinte aver si o poñedes más difícil..jeje

Anónimo dijo...

Non entendo o teu planteamento, se o alfil de F8, sae da súa casilla, a Torre pode ir para E8 o alfil si, dará xaque, pero a torre pode bloquealo, polo que non da xaque en 2. Tamén se sacas o alfil ata A3 a torre pode ver o que queres e pode parar en c8 hai moitas posibilidades.

:D ¡Ánimo! Que a resposta xa está cerca

PDT: Pode ser que estea trabucado, que non digo que non... jaja
Yoel

Anónimo dijo...

Levas razón.
E ese problema solucionaríase con Ad6.

ir arriba