ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Cartas e sms de amor


As primeiras cartas de amor están chegando á biblio..., pero aínda nos sabe a pouco...

Non esquezades que temos en marcha dous concursos co gallo do San Valentín, en versión tradicional e moderna: un de cartas de amor e outro de sms. O prazo de presentación remata o próximo venres, 12 de febreiro, pouco antes do día dos namorados e do Antroido. Os textos han de ser orixinais -of course!-, e esta vez, exclusivamente en lingua galega (organiza o Equipo de Normalización Lingüística xunto coa Biblioteca). Haberá un par de premios por concurso, segundo os niveis, e, ademais, quen gañen verán as súas obras publicadas neste magnífico blog.

Contamos con que nos fagades chegar (biblotecalandra@gmail.com) o resultado escrito de calquera breve alianza, a poder ser un pouco artística, das vosas hormonas e neuronas.

2 comentarios:

Alba Cameán dijo...

Eu mandei unha, e esforceime moito por facela, intentei crear algo orixinal, algo no que houbera que pararse a ler máis aló da tinta e do papel...algo tan profundo como o amor :)

Alba Cameán dijo...

E de feito, non o escribín pensando en nadie! E iso si que ten mérito, pois expresar algo que nunca sentiches é moi difícil! Bueno, e por suposto o que me interesa non é o premio, é a ilusión de que poidan ler o que ti escribes, algo que, posiblemente, sexa o que máis ilusión me fai ...

ir arriba