ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

O NOSO MICRORRELATO DE TERROR GAÑADOR




A sombra das árbores do cemiterio era case imperceptible cando...

Así comezaba o libro que estaba a ler. Era da miña irmá, a quen lle ía moito o rollo gótico. Oíronse uns golpes coma se chamaran á porta do cuarto. Era estraño, porque meus pais estaban nunha festa e miña irmá fora coas amigas pedir caramelos. Empezara a sentir frío: a ventá estaba aberta. Pero eu recordaba tela pechada. Mirei a través dela e dinlle as costas. Oín como se abría pero non me xirei.

De súpeto sentín unha man fría que me cubría a boca e gritei, inutilmente.

Espertei na cama, suando. Intentaba lembrar se a deixara aberta cando oín uns golpes na porta...

Escrito por Beatriz Pena Rodríguez (4º B)


3 comentarios:

Keyne$ dijo...

O que máis me gusta é a cariña e o sorriso de Sara

luz dijo...

Canta naturalidade!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Bueno, felicidades á gañadora, saeu moi ben! Saúdos a todo o club de lectura!

ir arriba