ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

DÍA DO LIBRO 2014


Un ano máis queremos celebrar o Día Internacional do Libro. E que mellor maneira de facelo que invitarvos a disfrutar da lectura dun dos libros que temos na nosa biblioteca, ben sexa unha das últimas adquisicións ou un clásico de sempre.


Ademais se pasades hoxe pola biblio podedes recoller un pequeno agasallo que temos para vós.


Cen anos de saudade

Parafraseando a más famosa das súas novelas, damos conta da triste noticia do pasamento do escritor colombiano Gabriel García Márquez. Gabo, como era coñecido, foi un grande entre os máis grandes da literatura universal. A aparición do libro ó que fai referencia esta entrada, Cien años de soledad, supuxo un acontecemento literario de repercusión mundial que puxo de acordo a crítica e lectores. García Márquez inundounos cun torrente imaxinativo que desbordaba dos seus relatos e reconciliou ós lectores de varias xeracións coa novela entendida como a arte de contar historias e xogo imaxinativo misturados con alta litertura.



Poderíamos recomendar moitos títulos seus: os relatos de Los funerales de la mamá grande, a romántica historia de El amor en los tiempos del cólera, a saudade que destila El coronel no tiene quien le escriba ou a traxedia obsesiva de Crónica de una muerte anunciada que teñen que "sufrir" (pero menos) os nosos alumnos de 2º de BAC.

Estes son só algúns dos títulos da súa ampla produción literaria, tempo hai para lelos todos ou empezar a coñecelo se aínda non tivestes o pracer. El foise xa, e aínda que os seus libros quedarán para sempre e virán outros escritores que ocuparán o primeiro plano da actualidade, pero hai ocos que son moi difíciles de encher. En nós sempre quedará o recordo da súa imaxe vestido de branco co traxe tradicional colombiano no momento de recoller o Premio Nobel de literatura en 1982 e cen (ou mil) anos de saudade pola súa ausencia.


Reunión do Club de Lectura

Este xoves 20 de marzo imos ter unha reunión do noso Club de Lectura "Vixías das Letras". Non vos esquezades de vir.


Sabías que...? 2014

Un ano máis comeza a nova edición do concurso cultural máis famoso do mundo enteiro e arredores: O SABÍAS QUE..? Coma nas ultimas edicións desenvolverase durante unha fase clasificatoria de tres semanas e unha fase final presencial na biblioteca na que se producirán os enfrontamentos de semifinais e final.



Animádevos e apuntádevos. Tedes ata o luns 3/2/14 cando entregaremos os primeiros cuestionarios e as primeiras probas. Toda a información e o desenvolvemento do concurso, coma sempre no blog do mesmo: http://osabiasquedoparga.blogspot.com

Un concurso só apto para os máis audaces, senón, mirade o vídeo...


Reunión do Club de Lectura

O xoves día 12 de decembro temos unha reunión do noso club de lectura Vixías das Letras. Non faltedes xa que temos novidades moi interesantes.



Resultados Torneo de Xadrez 2013

Rematou o torneo de xadrez deste ano cunha grande participación e asistencia de público. As emocionantes finais resolvéronse co triunfo de Miguel Castro en Bacharelato e Gonzalo Rodríguez na ESO.



Deixámosvos unhas fotos do torneo:


E un vídeo da emocionante final entre Gonzalo e Sergio que decidiu o gañador na ESO:

 

Resultados M(a)icrorrelatos Terror 2013

Despois dunha máis que meritoria participación, incluindo a landras que xa non habitan entre nós pero que nos segen a ler e nos levan no corazón  desde a lonxana Castela, xa temos o relato final do concurso de  M(a)icrorrelatos de terror deste ano. Xa sabedes que este ano decidimos facer un relato grande en cadea coas aportacións dos participantes, e aínda que nalgúns casos a coherencia do mesmo se veu un pouco resentida (aínda que non tanto como a saúde da pobre Uxía, a protagonista, a quen mataron polo menos tres veces) o resultado quedou bastante aparente.

Como non tiñamos moi claro cal era o mellor para darlle o premio, decidimos sortealo, e o afortunado foi... FERNANDO SOUTO VARELA de 3º ESO C.



Tamén decidimos outorgar un premio ó fragmento máis orixinal que foi para MARIO LOUREIRO FACAL que fixo, coma sempre, gala da súa característica sorna.

Os demáis tamén levaron o seu premio por participar e nós tamén quedamos moi contentos de que estas iniciativas vos sigan animando a participar. A continuación tedes o relato no que cada participante está identificado cunha cor distinta, as cales podedes descifrar ó final do mesmo.

ir arriba