Neste blog estamos en contra de todo e, ó mesmo tempo, a favor de todo. Así que poñemos este lazo para expresar a nosa solidariedade con todos os seres e causas do universo... e máis alá. E, por suposto, ningún dos animais que sae neste blog sufriu presión nin maltrato de ningunha clase. Incluídos os peixes
A nosa wiki do club de lectura
Visita o noso Scoop.it de Microrrelatos
MUNDO ONIGIRI
As pelis, cómics, libros dos que vos van falar Ana e Lorena desde o seu "Planeta ONIGIRI"
O noso álbum de fotos en Google Fotos
Atópate nas fotos das actividades do instituto
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
E a nosa canle en youtube
App da Biblioteca Landra
Descarga aquí a app do blog da Biblioteca Landra para o teu móbil
Exercicios sobre formas xurídicas
-
Contesta as seguintes cuestións sobre formas xurídicas de empresas:
*EXERCICIO I:* A Sra. Martín é unha empresaria individual que cerrou a súa
empresa porq...
-
*Outras Actividades que se desenvolveron ao*
* longo do curso 17-18 no noso centro *
*IES Parga Pondal, dentro do proxecto de *
*Mediación e Convivencia:*
...
Retomamos á actividade do blog
-
Hola, fai tempo que non temos comunicación a través do blog con todos vos,
pero creo que temos que retomalo xa que é o único modo que temos para que
poida...
-
*IX OLIMPIADAS DE BIOLOXÍA*
Alberto Ferreiro, Elena Vecino, María Liñares e Ana María Castro, catro
alumnos do noso instituto participaron o pasado venres d...
FINAIS E GAÑADORES SABÍAS QUE 2017
-
Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi
Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta
ocasión im...
Despois de pasar uns días conmocionada pola preciosa (e
algo haxiográfica) despedida no blog, teño que escribir a miña derradeira
entrada oficial. Prometo ser breve.
Só quero deixar constancia do que dixen publicamente: A
Biblioteca Landra non só foi o meu segundo fogar ; tamén foi un estado non
clasificable entre o sólido, líquido e gaseoso. Foi unha república na que
conseguiron gobernar ao mesmo tempo o caos, a harmonía, a felicidade e o amor.
Toda esta maxia sería imposible sen vós, os que vos achegades á biblioteca, os
que participades nas actividades propostas, os que contaxiades a vosa ledicia e
o voso entusiasmo. Vós sodes as auténticas tripas da biblioteca. E non temades:
os prestidixitadores que a coidan aínda gardan moitas flores e fogos
artificiais na súa chisteira.
A biblioteca xa forma unha parte orgánica e inseparable
de min; vivirei con iso e faráme máis feliz. Seredes os meus favoritos, sempre…
Lembrade: Nihil est qui nihil amat... Gracias a todos polas infinitas e abrumadoras mostras de afecto que me deron e me darán calor cando haxa nubes no horizonte...
Remata o curso e coma
sempre chegou o momento de despedirnos ata setembro, pero a
diferenza de outros anos, nesta última entrada non vos imos
recomendar libros, lecturas e outras actividades, porque hoxe
queremos adicarlle estas liñas a alguén moi especial para todos nós
que nos di non adeus, senón ata sempre.
Como xa sabedes case
todos, despois de “unha temporadiña” en Carballo, Puri conseguiu
praza noutro centro polo que se traslada á Coruña. Non vos imos
falar aquí da magnífica profesora que é porque iso xa o coñecedes
ben vós de sobra... vós e algún dos vosos pais que foron alumnos
seus ou incluso alumnos de profesores que á súa vez tamén foron
alumnos de Puri... nin dos seus inabarcables coñecementos
literarios, nin das súas descacharrantes anécdotas de todo tipo nas
que as bragas teñen un indudable papel protagonista, nin do seu
apabullante dominio do cine Iraní, Pakistaní, Indostaní, Somalí,
e ata Ceutí, nin da súa cruzada por aprender a aprender... Non,
hoxe o que queremos é dicirlle o que ela xa sabe: que deixa aquí un
baleiro imposible de encher, porque é certo que pode vir outro
profesor que a substitúa pero hai un oco que non se ocupará porque Puri
é unha desas poucas persoas que teñen algo intanxible que as fan
únicas, pero que todos percibimos enseguida, unha cercanía cara os
demáis que desborda o papel de simple profesora e nos revela á
persoa en toda a súa humanidade.
Nun labor ás veces tan
ingrato como é o de ensinar, o de educar e formar a quen está case
ás portas da vida adulta, o traballo de Puri foi moito máis alá de
facerlles atractivas e interesantes unha lingua e cultura tristemente
cada vez máis alleas e lonxanas para os alumnos de hoxe en día. Se
ela o conseguiu con creces foi polo seu entusiasmo, optimismo e sobre
todo polo seu inmenso corazón que nos gañou a todos. Así llo
fixestes ver estes días nas unánimes mostras de afecto que lle
adicastes, e nós, na Biblioteca, estamos orgullosos e emocionados.
Por ela, e tamén por vós, por eses recoñecementos cheos de cariño
e gratitude que vos engrandecen a vós e a ela.
Puri marcha, si, e
todos sairemos perdendo porque na Biblio nada vai ser o mesmo, nin no
Club de lectura, nin no blog, nin nas actividades coas que nos
contaxiaba o seu entusiasmo. O que queremos que Puri saiba é que
somos afortunados de ter vivido este tempo con ela, coñecela e
compartir traballo, ilusións, alegrías e tamén algunha tristeza.
Coñecela fíxonos mellores persoas, e iso quedará gardado para
sempre en nós, non coma un tesouro, senón que será o tesouro da
nosa biblioteca e dos nosos corazóns. Gracias, Puri, contigo todos
os días foron domingo. Vale.
Aproveitando que o último libro do club deste ano foi O malvado Carabel , de Wenceslao FernándezFlórez, fomos visitar as paraxes que o inspiraron en Cecebre. Paseamos polo río Mero lendo algúns fragmentos do Bosque Animado (o referido á Santa Compaña, o da loita épica de Trut) , visitamos a Fundación Fernández Flórez guiados pola experta man de Alicia, xogamos ao croquet e si... bañámonos no río Mero a pesar de que as condicións climatolóxicas non eran precisamente favorables... A xornada resultou tan instructiva como placenteira. Moitísimas grazas, nenos, polo voso entusiasmo.
P.S. Se queredes a crónica oficial dun participante, tedes que visitar a nosa wiki...
Antonio Muñoz Molina é un escritor coñecido por vós; os alumnos de segundo de Bacharelato tedes xa lido o seu libro "Plenilunio", incluído no corpus de lecturas que entran nas PAU. Agora vén de recibir o recoñecemento pola súa obra literaria que profundiza na condición humana con títulos como "Beltenebros", "El jinete polaco","El viento de la luna"...
Noraboa, Antonio. Que a Fortuna te siga acompañando...
Esta fin de semana celebrouse o 1º Foro da Formación e Empresa no Fórum de Carballo. Houbo talleres, conferencias, stands, intercambios e unha quedada informática o venres pola noite. A nosa biblioteca tamén estivo presente cunha pequena representación dalgunha das innumerables actividades que facemos ao longo do ano, como podedes ver nesta foto e nun álbum Picasa.
O departamento de matemáticas tamén participou cunha xincana de xogos matemáticos que tivo un emocionante final como podedes ver no seguinte vídeo:
Non falamos dun calquera; falamos da marabilla que fixo Shaun Tan a propósito da emigración, un tema moi do noso país. Acabamos de mercalo para a biblioteca e confiamos en que o disfrutedes moitos de vós.
Se queredes unha información máis completa tedes este vídeo de YouTube: