ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Premio Príncipe de Asturias 2010

Xa temos o gañador deste ano do premio Príncipe de Asturias das Letras: o escritor Amin Maalouf. Libanés de nacemento pero francés de adopción (escribe as súas obras en idioma galo) é autor de libros que están a medio camiño entre a ficción e a realidade; algo parecido á novela histórica (parecido pero "nomás que diferente" como diría un mexicano). Os que estamos na biblio lemos algunhas das súas novelas como "León o africano", biografía dun ser privilexiado e curioso que tivo a sorte de contemplar o esplendor do século XVI, ou "Samarcanda", un retrato da perigosa secta dos asasinos ( en orixe: os que fumaban hachís). Total: que nos parecería moi ben que probasedes a ver se vos gusta. Prometemos comprar algún libro del.

Recordamos que este premio é case un sinónimo de calidade; fixádevos en autores como José Hierro, Ángel González, Torrente Ballester, Juan Rulfo, Vargas Llosa, Álvaro Mutis, Augusto Monterroso... ou autores de fala non hispana como Amos Oz, Margaret Atwood, Ismail Kadare (premio do ano pasado e do que temos algúns libros magníficos na biblio que tedes medo de ler) e moitos máis ...
Colgamos unha foto para que o recoñezades por se pasa por Carballo


Deixamos un enlace coa súa páxina oficial por se sentides curiosidade e queredes saber máis ( e practicar francés ao mesmo tempo)

Amin Maalouf

E por se non vos apetece ler, aquí tedes unha entrevista para ver e escoitar

No hay comentarios:

ir arriba